Galicia crea empleo y lidera la caída del paro a nivel anual y mensual

- A directora xeral de Formación e Colocación,
Zeltia Lado, destacou hoxe que o mercado laboral galego está a resistir á
covid-19, xa que as afiliacións soben e o paro cae a nivel anual e
mensual
- O
desemprego baixa con respecto a marzo e a hai un ano en todos os
sectores de actividade, nas catro provincias, nas sete grandes cidades e
en colectivos prioritarios como son as mulleres e os menores de 30 anos
- A
Comunidade galega rexistra menos paro que ao inicio da pandemia, con
respecto a abril de 2020, que marca o impacto inicial da crise
sanitaria, hai 20.851 persoas menos sen emprego
- Con respecto a marzo, a caída do paro en 9.941 persoas -5,5%- é a maior de toda a serie histórica (1996)
- En
canto á evolución anual, Galicia inverte a tendencia negativa do 2020 e
recupera o ritmo de baixada do paro anterior ao comezo da pandemia
- O
descenso do -10,88% é o segundo maior de toda a serie histórica, ao
tempo que crece case por tres a contratación indefinida e máis do dobre a
tempo completo
- Lado sinala
que a Xunta continúa traballando para manter a actividade económica e o
emprego de Galicia inxectando liquidez ao tecido empresarial e
deseñando programas de impulso ao emprego e á formación