Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputada autonómica Feli Rodríguez preséntalle ao goberno de Mos unha PNL sobre a A-55 que se debatirá no Parlamento galego

A semana pasada o Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou á Mesa do Parlamento para o seu debate en comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, unha Proposición non de lei sobre os desperfectos e a falta de mantemento da A-55, concretamente no seu tramo Porriño-Mos.

A deputada autonómica do PP no Parlamento de Galicia da que partiu a iniciativa de presentar esta PNL foi precisamente a mosense da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez Carrera, que reuniuse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co tenente alcalde, voceiro do Partido Popular de Mos e presidente do Comité Local dos Populares mosenses, Camilo Augusto, e demais concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local, para presentarlles a devandita proposición.

Proposición que ven motivada polo estado lamentable tanto da vía principal da A-55 como dos carrís de servizo e os accesos, e mediante a que O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a requirirlle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, e concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos e Porriño, incluíndo os carrís de incorporación e as vías de servizo paralelas.

Rodríguez poñía algúns exemplos do acusado deterioro da autovía, exemplos que ademáis ela coñece ben e padece a diaro por ser veciña da parroquia de Tameiga. Trátanse do carril de servizo/acceso desde O Seixo á gasolineira de Tameiga, do carril de servizo desde A Porteliña a Curuxeira, (estase deplomando o muro onde se sustenta), os carrís de acceso á A52 xa chegando a Porriño, etc… A parlamentaria mosense denuncia neste senso que “desde o Ministerio de Transportes e Mobilidade se parchease a estrada dunha forma deficitaria e provisional, cando o que necesita unha vía de semellante perigo e semellante densidade de tráfico é unha nova capa de rodadura de asfalto de seguridade, dotada de sistema de drenaxe de augas”.

A A-55, concretamente o seu tramo Porriño-Mos, trátase dunha estrada de titularidade estatal cun asfalto muy deteriorado. Trátase tamén dunha das autovías máis perigosas da Comunidade Autónoma, habendo zonas de inmensas fochas, sobre todo ao seu paso por Mos e Porriño, incrementándose o risco os días de choiva e néboa.

Consciente de esta grave situación, recentemente, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anunciou a adxudicación dun contrato para a conservación e estradas da provincia de Pontevedra que inclúe actuar na A-55 mediante unha intervención cuxo alcance e inicio previsto se descoñece. “É obvio que esta actuación chega tarde. E cómpre ter en conta que non só está deteriorada a Autovía A-55, senón que se atopan en igual condición de deterioro os carrís de servicio paralelos á autovía, que dan servicio aos barrios de Mos, e os carrís de incorporación á mesma; o firme está moi deteriorado, incluso hai zonas onde o carril se está a desfacer por desplome do terreo onde se sustenta”, destaca Feli Rodríguez.

A autovía A-55 é a única ruta libre de peaxe de entrada a Vigo, polo cal é unha vía moi ateigada, con aproximadamente 60.000 vehículos ao día ao seu paso por Mos, dado que recolle vehículos da N-550, A-52 e da A-55 desde a fronteira portuguesa.

Conservar a rede de estradas en condicións axeitadas para garantir a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios vías cómodas que faciliten os seus desprazamentos debe ser un obxectivo prioritario das administracións con competencia na materia, "e aquí pódese comprobar como o Goberno de España o descoida", refere Feli Rodríguez.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement