Covid) Llamamiento del alcalde de Bueu

O Concello de Bueu entra no nivel medio de restricións a partir deste venres, 14 de maio, á medianoite. Tras o aumento de casos activos de Covid-19 na vila morracense, que este mércores é de 18, o comité clínico decidiu incrementar as restricións, co fin de conter os contaxios. Ante iso, Félix Juncal, alcalde de Bueu, apela á responsabilidade cidadá para que se actúe con cautela e se respecten as medidas de seguridade e hixiene e todas as disposicións establecidas polas autoridades sanitarias. “Debémonos comprometer e velar pola saúde propia e a das demais persoas”, apunta o rexedor, quen recoñece “o comportamento exemplar da ampla maioría da veciñanza de Bueu, que ao longo destes meses difíciles cumpriu con todos os protocolos, o que nos permitiu manter unha situación de certa estabilidade, interrompida en momentos puntuais nos que se incrementou de forma preocupante o número de contaxios”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.