Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cómo solicitar a doazón de especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para embelecer espazos naturais?

Trala publicación no Boletín Oficial da Provincia, a Deputación de Pontevedra abre este xoves o prazo para que concellos, centros educativos, entidades, institucións e particulares, que dispoñan de xardíns públicos na provincia, poidan solicitar a doazón de especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para embelecer estes espazos naturais. Esta nova iniciativa da institución provincial ten por obxecto, como destacara a presidenta Carmela Silva, “enriquecer a diversidade botánica e o patrimonio vexetal, amais de mellorar o espazo público e preservar os valores ambientais nun momento en que xa ninguén dubida de que hai que tomar decisións para defender a nosa contorna e loitar contra o cambio climático”.

En concreto, as especies vexetais que poden solicitarse son excedentes das cultivadas no viveiro da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, onde anualmente se reproducen con sementes e se propagan con esgallos especies vexetais para realizar diferentes estudos e conservar a diversidade vexetal da provincia. Este ano, hai máis de 40 especies para elixir, entre as que figuran piñeiros, carballos, chopos, tuias, feixoas, cipreses, abetos, palmeiras, hedras ou liquidámbar. Tamén se ofrecen camelias, en concreto das especies xapónica, sasanqua, reticulata e cultivares híbridos entre outras.

As entidades e persoas interesadas deberán presentar unha única solicitude na que poderán pedir ata 35 exemplares de diferentes especies e terán de prazo ata o día 31 deste mes de maio para formalizalas, de xeito telemático, a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da institución provincial. Toda a información sobre o proceso que rexe a doazón atópase na ligazón da web da Deputación: https://www.depo.gal/doazon-de-especies-vexetais.

A doazón só estará condicionada á presentación dunha memoria que incluirá un bosquexo (plano sinxelo) e fotos do lugar onde se localizarán os exemplares. Así mesmo, o persoal de Areeiro determinará tamén se as especies solicitadas son adecuadas para a zona de cultivo e poderá suxerirlle á persoa ou institución interesada cambialas por outras consideradas máis idóneas.

No momento da entrega das especies vexetais, a Deputación facilitará ás e aos beneficiarios unhas fichas técnicas con información sobre cada especie, que deberán estar á vista das persoas visitantes dos xardíns, de xeito que poderán ser utilizadas tamén como recurso educativo e didáctico por parte das institucións e concellos. Ademais, proporcionará o correspondente código QR para a consulta telemática da información de cada planta.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement