Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

COGAMI forma como auxiliares de servizos a 15 persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra

Esta formación é unha das accións que contempla o programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo e que desenvolve COGAMI na provincia de Pontevedra.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Pontevedra un curso de Auxiliar de Servizos ao que asisten 15 persoas, 8 mulleres e 7 homes, todas elas con discapacidade recoñecida ou con incapacidade laboral para profesión habitual.

Esta formación, financiada pola Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE), está enmarcada dentro do programa Máis Emprego, programa que ten por obxectivo o acceso ao mercado laboral por vez primeira e tamén a reciclaxe profesional.

O alumnado, que conta con idades comprendidas entre os 28 e os 60 anos, procede dos concellos de Caldas de Reis, Moraña, Poio, Pontevedra, Marín e Cambados. De luns a venres desprazarase ata Pontevedra para asistir ás clases teóricas que contarán cunha duración de 30 horas. O resto das horas da totalidade de 100 que contempla o curso, serán realizadas como prácticas en empresas nas zonas de residencia do alumnado, co fin de facilitarlle o contacto co tecido empresarial da zona e, polo tanto, de favorecer a súa inserción.

Ao rematar esta formación, o alumnado recibirá un seminario complementario de mellora da empregabilidade, no que se lle facilitará información sobre ferramentas e técnicas para a posta en marcha da súa busca activa de emprego.

Programa Máis Emprego.

COGAMI iniciou o programa Máis Emprego na provincia de Pontevedra en 2017, tendo por finalidade mellorar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral en situación ou risco de exclusión, promovendo a activación para a busca de emprego e o trazado de itinerarios integrados e personalizados de cara á inserción laboral.

Durante este primeiro trimestre de 2021, foron 56 as persoas atendidas a través deste programa, 36 mulleres e 20 homes, coas que se está traballando na súa inserción sociolaboral, capacitándoas para a busca de emprego a través do trazado de itinerarios integrados e personalizados, como xa se fixo coas 399 persoas que pasaron por Máis Emprego, das que o 52% logrou a inserción laboral.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement