convocado polo Concello de Bueu coa obra colectiva titulada ‘Dou aulas de ioga por videoconferencia’, que salientou de entre as cincuenta presentadas.
O xurado, que se reuniu este venres, 7 de maio, estivo conformado polo crítico e profesor Ramón Nicolás, a integrante do Departamento de Filoloxía Galega da UVigo Antía Monteagudo, e a poeta Elvira Ribeiro. Na acta, o xurado destacou que “a proposta explora o noso tempo desde unha perspectiva situada na liña da poesía experimental, na que destacan elementos iconoclastas, en clave irónica, construíndo un diálogo fresco e diferente”.