Avilés inspírase no CAAN da Deputación -que inventou Rafael Louzán- para deseñar un Centro comarcal de Recollida de Animais.
Avilés inspírase no CAAN da Deputación -que inventou, no seu tempo de presidencia, Rafael Louzán- para deseñar un Centro comarcal de Recollida de Animais.
O Concello de Avilés visitou hoxe as instalacións do Centro de Acollida e Recepción de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra para coñecer in situ o seu funcionamento e recoller ideas para deseñar e executar o futuro centro comarcal de Avilés, que dará servizo a un total de 14 concellos asturianos. O deputado de Centros da Deputación, Manuel González, acompañado de técnicos provinciais, recibiu ao concelleiro de Mantemento e Participación Cidadá de Avilés, Jorge Luis Suárez. Na visita estivo tamén a arquitecta de Tragsa, Mónica Sanz, que colabora con Avilés neste proxecto. O CAAN xa recibiu nos últimos meses outra visita do concello coruñés de Carballo coa mesma finalidade e a Deputación de A Coruña tamén pediu información sobre as súas características.
Publicar un comentario