Atletismo) Antía Chamosa, cabeza de cartel no campionato de marcha en Ruta

A internacional Antía Chamosa da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, será a principal atracción do Campionato de Galicia de Marcha en ruta que se desenvolverá esta fin de semana polas rúas do Concello da Pobra do Caramiñal.

A marchadora internacional tomará a saida este sábado as 18.30 horas sobre a proba dos 10 km. na que parte como indiscutible favorita. Lembramos que na actualidade é a vixente campioa de España nos 10.000 m. marcha estando seleccionada de igual modo para tomar parte o vindeiro día 16 de maio no Campionato de Europa por equipos na proba dos 35 km que se desenvolverá na República Checa.

A internacional Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, quen volve a alta competición, xunto a súa compañeira de club Raquel Fernández e Mar Chillón do A.F. Celta, estarán na loita polas medallas desta categoría.

Nos homes, Daniel Chamosa da Gimnástica preséntase como favorito ao título autonómico malia que diante del terá ao máster internacional Juan Manuel Morales do Marineda quen xa se impuxera no campionato autonómico de pista do ano pasado.

A maiores estarán boa parte dos campións e campioas galegas da edición 2020 na que destacan Ismael Díaz do Club Atletismo Sada na categoría Sub20;  Brais Suárez do RunGalicia-InterSport na Sub18; Aldara Meilán da Atlética Lucense na Sub16;  Sabela Castelo do Vila de Cangas na Sub14 e Tomás Bautista do At. Porriño na Sub12.

Na categoría máster Carmen Jueguen de A Silva, defenderá o seu título na categoría F45. A maiores, a campioa e subcampión de España máster deste ano en Sevilla sobre os 20 km. ruta Emilia Rodríguez do Trega na F40 e Manuel Polo do Atletismo Narón na M45, estarán presentes sobre o trazado do concello pobrense

Retransmisión en directo do Campionato

O campionato que dará comezo o sábado ás 17.00 horas, será retransmitido en directo a través da canle youtube da Federación Galega de Atletismo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.