Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Asociación de Linfedema e Lipedema demanda do SERGAS avances no coidado das persoas con estas patoloxías

A Asociación Galega de Linfedema reúnese coa xerencia do SERGAS para mellorar a vida das persoas con linfedema e lipedema

AGL solicitoulle ao xerente do SERGAS, José Flores, poder contar cun  centro de referencia en Galicia e tamén con profesionais que poidan facer as operacións de linfedema e lipedema, evitando o desprazamento a outras comunidades como ata agora.

A Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) mantivo unha reunión telemática con xerencia do SERGAS co fin de trasladarlle melloras necesarias no sistema de saúde público galego a favor das persoas que viven cada día con estas patoloxías.

Dende AGL trasladáronlle ao xerente do Sergas, José Flores, a necesidade de crear un CSUR (centros, servizos e unidades de referencia do Sistema Nacional de Saúde) de linfedema e lipedema que, de ser posible, sería o primeiro a nivel estatal. Arestora os pacientes con linfedema e lipedema teñen que desprazarse fóra de Galicia para realizar unha intervención cirúrxica. Segundo AGL, un centro especializado, contaría con profesionais que realizarían as intervencións dentro da nosa comunidade, evitando desprazamentos aos que hoxe en día están obrigados.

Outros dos temas tratados polo presidente de AGL, Juan Manuel Lameiro, e a traballadora social, María Araujo, nesta xuntanza na que tamén estiveron presentes, a membro da xunta directiva de COGAMI, Laura Quintas, o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Xestión Asistencial e Innovación, Alfonso Alonso, foron a necesidade de que exista unha formación e reciclaxe nos profesionais de fisioterapia especializada en linfedema e lipedema e a importancia de trasladar información ao servizo de atención primaria sobre o diagnóstico precoz.

A inclusión do lipedema no catálogo ortoprotésico e a existencia dun protocolo para as unidades de linfedema e lipedema  en todas as áreas sanitarias, son outras das reclamacións trasladadas por AGL á Xerencia do SERGAS.  



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement