Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

“As Alcaldías do PP representan escasamente o 20% da poboación na provincia e lévanse case o 90 % dos fondos da Xunta” (Regades)


- O secretario xeral dos socialistas pontevedreses, David Regades, pregúntalle ao Goberno galego se alguén se avergoña de seguir a organizar estas “repañotas partidistas de medianoite”


O PSdeG-PSOE DENUNCIA "O REPARTO EN 9 MINUTOS E 43 SEGUNDOS DAS “PROPINAS-SUBVENCIÓNS” A CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES" 


-"Tan só 8 dos 52 concellos da provincia que tiñan dereito á axuda puideron conseguila e, de entre eles, 7 teñen alcalde/sa do PP"


-David Regades: “As Alcaldías do PP representan escasamente o 20% da poboación na provincia e lévanse case o 90 % dos fondos”


A última convocatoria de subvencións para obras en equipamentos e servizos municipais entre concellos de menos de 20.000 habitantes, "que foi parar moi maioritariamente a concellos gobernados polo Partido Popular", é “un escándalo maiúsculo de caciquismo” en palabras do secretario xeral dos socialistas galegos, David  Regades, quen engade que "a Xunta continúa, en pleno século XXI, con prácticas decimonónicas e indignas en Democracia".

“A chegada das novas tecnoloxías, lonxe de corrixir vellos hábitos, está a servir para acentuar a opacidade dun Goberno que se resiste a cambiar o seu “modus operandi” no xeito de relacionarse co municipalismo”. “As Alcaldías do PP gobernan escasamente ao 20% da provincia e lévanse case o 90% destes fondos”, lamenta Regades.

A convocatoria destas últimas subvencións "non primou a calidade dos proxectos, nin asignou fondos en función de criterios regrados. Optouse por volver utilizar a vía non competitiva (excepcional na lexislación sobre Subvencións) e cinguíndose unicamente á orde de rexistro das solicitudes ata esgotar o crédito, que era de só 2,3 millóns de euros para toda Galicia". O resultado, engade Regades, "foi que os cartos acabáronse en só 9 minutos e 43 segundos", “nunha repañota partidista de medianoite para concellos do PP avisados con antelación, mentres que os demais tiveron os detalles na convocatoria publicada só un día antes”. 

"Tan só 8 concellos sobre os 52 existentes na provincia de Pontevedra con menos de 20.000 habitantes lograron a subvención. Deles un total de 7 están gobernados polo Partido Popular (Vilanova de Arousa, Crecente, Dozón, A Lama, Mos, Oia e Sanxenxo) e tan só A Cañiza (PSdeG-PSOE) conseguiu entrar despois dunha intensa xornada de traballo preparando toda a documentación necesaria para un proxecto que, afortunadamente, xa tiñan redactado". “Contan que algúns alcaldes e alcaldesas xa aprenderon que hai que estar diante do ordenador e premer a tecla de enviar cando falta un minuto para a medianoite, contando con que o Rexistro Electrónico da Xunta está saturado. Aínda así arríscanse a quedar fóra por misterios da tecnoloxía”.

Con todo, "a ridícula partida de 2,3 millóns para toda Galicia tradúcese nun tope de 67.760 euros por concello", “unha propina-subvención concibida para alimentar a máquina clientelar do PP”. O secretario xeral do PSdeG-PSOE Pontevedra provincia  advirte de que aínda nos faltan os concellos beneficiarios do Plan Hurbe, que adoita repartirse pola mesma vía. David Regades conclúe instando á Xunta de Galicia a “revisar de oficio a súa relación cos concellos e a articular fórmulas de colaboración regradas e con financiamento suficiente, ao estilo do que fai a Deputación de Pontevedra co Plan Concellos, que entrega 42,5 millóns de euros a tódolos concellos da provincia con criterios equitativos e transparentes”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement