Arbo incorpora dos nuevos miradores, a modo de maravillosos balcones sobre el río Miño
0
Comentarios
Mirador do Bravo e Mirador de Amieira, balcóns naturais que permiten contemplar a beleza das ribeiras do Miño, en Arbo.
Este dous novos miradores, permiten gozar de vistas panorámicas do Rio Miño, atractivo para o turismo, que non deixará indiferente a ninguén.
Con estes dous novos miradores, Arbo, busca atraer a turistas e ofrecer ao visitante novos atractivos.
O miradores do Bravo e a Amieira, son puntos estratéxicos de encontro visual coa natureza que tiveron moitas transformación ao longo do tempo. Os novos miradores sitos no Sendeiro de Pescadores, integrados na paisaxe da Ribeira do Miño, son postos en valor pola colocación de dous bancos, que non rompen a naturalidade do entorno e que permiten contemplar a paisaxe, percibir unicamente o son das augas do río e relaxarse sentindo o aire no rostro.
Son moitas as formas de coñecer e desfrutar Arbo. Animamos a renovar enerxías en contacto coa natureza. Percorrer sendeiros cheos de vida que descobren un Arbo máxico, abondoso de historia e de recunchos únicos.
O Mirador do Bravo e o Mirador de Amieira, son balcóns naturais que permiten contemplar a beleza que as augas do Miño deixan ao seu paso. Uns lugares ideais estes dous miradores para desconectar, relaxarse e soñar.
Para o alcalde do Concello de Arbo, "Arbo é patrimonio natural por excelencia. Cun paseo ao longo do Miño, polo Sendeiro de Pescadores, descubriremos ás pesqueiras, exemplos de arquitectura popular usadas aínda hoxe para a pesca artesanal da lamprea; é este sentimento quérese transmitir a Galicia, España...e ofrecer ao visitante novos recursos turisticos. Arbo é un lugar ideal para practicar sendeirismo. As nosas paisaxes do río Miño son as veces indescriptibles; o verde asoláganos cando camiñamos por eses carreiros sinalizados e empapámonos tamén de historia".
Camiñando río arriba, polas ribeiras do Miño das augas bravas, permite este territorio de Arbo localizar e converter as pesqueiras e a súa onomástica nunha aula interpretativa de xeografía, historia, lingua e cultura: un espazo de convivencias galego-portuguesas que compre recuperar, protexer e revitalizar; e no Mirador do Bravo e o Mirador de Amieira vas descubrir novas formas de contemplar e amar a natureza
“O Concello acaba de rematar a mellora do Sendeiro de Pescadores, e está en marcha algún proxecto máis de recuperación do patrimonio histórico e cultural deste municipio. Arbo é o lugar ideal que atrae cada ano a miles de visitantes, movidos polo patrimonio, natureza, deporte, gastronomía.... e dende o Concello debemos seguir pondo en valor todo este gran patrimonio noso", remata o rexedor arbense, Horacio Gil, que fala de continuar a investir en cultura e turismo e mostrar os atractivos de município, como un orgullo para este alcalde e para esta Vila.