Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Alumnos do CEIP Ría de Vigo crean o "Bosque da Lingua: Xela Arias", unha actividade de The Wild

The Wild Fest leva a cabo un programa de concienciación medioambiental no que participaron os alumnos de 6º de primaria do CEIP Ría de Vigo. A dirección do centro facilitou e apoiou o evento xunto coa Comunidade de Montes San Miguel de Oia.

Na actividade, os rapaces e rapazas de 6º de primaria do CEIP Ría de Vigo plantaron 12 carballos, creando o Bosque da Lingua: Xela Arias. Así, trátase dunha actividade que conmemora o Día das Letras Galegas e promove o coidado ao medio ambiente.

O alumnado tamén puido coñecer en profundidade os camiños e sendeiros de San Miguel de Oia e o conxunto etnográfico de Os Muíños de Gontade


O festival multidisciplinar The Wild leva a cabo un programa de concienciación medioambiental cos alumnos de 6º de primaria do CEIP Ría de Vigo. Un evento que a dirección do centro de ensino facilitou e apoiou xunto coa Comunidade de Montes.

Así, este venres, o alumnado de 6º de primaria do colexio, puido gozar dunha camiñada polos sendeiros de San Miguel de Oia, coñecer o conxunto etnográfico de Os Muíños de Gontade e crear o Bosque da Lingua: Xela Arias, composto por un total de 12 carballos, un por cada aula do centro, conmemorando deste xeito o Día das Letras Galegas.

Neste sentido, os rapaces e rapazas puideron aprender e executar todo o proceso de plantación, así coma coñecer as características botánicas da especie. Posteriormente, os diferentes cursos de primaria da escola irán visitar a zona e deixarán os seus poemas e escritos na árbore correspondente ao seu curso.

Miriam Gesteiro, coordinadora do proxecto, afirma que esta actividade “non só é saudable, senón tamén divertida e educativa para os nenos, conseguindo que coñezan mellor a súa contorna, que descubran a importancia de respectar o medio ambiente. Ao mesmo tempo, conmemoran dun xeito diferente o Día das Letras Galegas e a escritora e poeta Xela Arias, tan vencellada a cidade de Vigo e con ligazóns na nosa zona ”.

ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL

O festival The Wild tamén levará a cabo dous eventos máis dentro do programa de concienciación medioambiental.

Así, o próximo 25 de xuño o 16 alumnos con necesidades especiais do Colexio HC San Rafael disfrutarán dunha xornada na natureza e, a través de diversas actividades, coñecerán mellor o medio ambiente.

Ademais, o 4 de setembro terá lugar a andaina solidaria, de gran éxito nas edicións anteriores do certame e nesta ocasión, a recadación será doada a Bicos de Papel, asociación que adica os seus esforzos a acompañar e apoiar aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e as súas familias.

A camiñada, feita en colaboración coa Comunidade de Montes, terá un máximo de 80 participantes e, ao longo de seis quilómetros, percorreranse os puntos máis emblemáticos do parque, dende os petróglifos ata os miradoiros.





 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement