A Guarda) O Bloque considera inaprazábel a reforma da piscina e demanda estudiar a súa municipalización
Anxo Baz: “ A piscina é un servizo fundamental e non se pode poñer en perigo a súa continuidade.Urxe abordar a súa reforma integral e estudar a posibilidade da súa municipalización ”
No pleno celebrado no día de hoxe, Bea Lomba encargada de defender a posición do BNG neste asunto manifestou “somos plenamente conscentes que o paso dos anos deteriorou esta infraestructura, pero tamén de que o mantemento non foi precisamente exemplar, así o reflicte a propia auditoría técnica encargada polo Concello”.
Despois de mostrar a súa posición crítica polo deterioro ao que se lle deixou chegar a piscina, a nacionalista foi enunciando as propostas do BNG que se resumen en catro puntos :
Acometer un proxecto de reforma integral onde se atendan tanto as carencias arquitectónicas do edificio como aquelas de carácter enerxético que fagan viábel o futuro da piscina.
Facer un estudio comparativo que determine se é máis vantaxoso para o Concello e para os usuarios a municipalización do servizo ou facer unha nova licitación.
Determinar as posibeis neglixencias co mantemento das instalacións para o que esixiu o libro oficial de mantemento e coñecer a fiscalización que deste mantemento tiña obriga de levar o Concello.
Facer unha auditoría externa para estimar a cuantía real do reequilibrio económico que demanda a empresa, aspecto este compartido polo grupo de goberno.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz pola súa parte manifestou “ A piscina é un servizo fundamental para A Guarda e non se pode poñer en perigo a súa continuidade.Urxe abordar a súa reforma integral e estudar a posibilidade da súa municipalización ”

Publicar un comentario