Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ya son 11 las autonomías que no quieren el Lobo con barra libre que va a imponer la ministra Ribera

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou na reunión telemática da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

UN TOTAL DE 11 AUTONOMÍAS ESIXEN AO ESTADO QUE RECTIFIQUE E PARE A INCLUSIÓN DO LOBO NO LISTADO DE ESPECIES DE PROTECCIÓN ESPECIAL

  • Lamentan a falta de diálogo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico coas comunidades lobeiras nun asunto clave para os seus territorios.

  • “Foi decepcionante”, declarou a conselleira tras a reunión, quen lamentou que a actitude do Estado non lle deixe outro remedio ás autonomías afectadas que recorrer “á vía xurídica” a través da presentación dos recursos correspondentes.

Un total de 11 autonomías, entre elas Galicia, uníronse esta tarde para esixir ao Goberno central que reconsidere a súa postura con respecto á inclusión do lobo no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe) e paralice esta proposta, polo menos, ata que se que se aprobe e consensúe a nova Estratexia nacional de xestión e conservación da especie.


Este debate centrou gran parte da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, convocada esta tarde polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e que, como último punto da orde do día, incluía o estado de tramitación da solicitude para incrementar o actual nivel de protección do lobo ibérico.


Un total de 11 autonomías, encabezadas polas catro máis afectadas pola proposta (Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León), tomaron a palabra ao chegar a este punto da reunión e todas coincidiron en lamentar a actitude do Goberno central, que se nega a debater en profundidade un tema de gran importancia para as rexións ao norte do río Douro, que aglutinan o 95% das poboacións do lobo de todo o país e asumen desde hai anos a súa xestión en solitario. 


En nome da Xunta, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembrou que o pasado 25 de febreiro Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León solicitaran de forma oficial a convocatoria dunha Conferencia Sectorial extraordinaria e monográfica na que poder abordar este asunto.


Sen embargo, a súa petición non foi atendida polo Ministerio, que, pola súa conta e sen consultar antes ás comunidades, decidiu incluír hoxe como último punto a tratar o estado de tramitación da proposta pero sen mencionar a petición expresa da súa paralización.


Por este motivo, os representantes das catro comunidades aproveitaron a quenda de palabra para reiterar os principais argumentos nos que basean o seu rexeitamento a unha medida que dificultaría máis a xestión da especie nos seus territorios e suporía, ademais, unha ameaza para o sector agrogandeiro, ao reducir as posibles medidas de control.


O desexo manifestado hoxe polas catro comunidades ao norte do río Douro, co apoio expreso doutras seis autonomías (País Vasco, Aragón, Madrid, Murcia, Andalucía, a cidade autónoma de Ceuta e Navarra, a última en unirse), é que se paralice a inclusión desta especie no Lesrpe polo menos ata que se aprobe unha nova Estratexia nacional de xestión e conservación do lobo, un documento marco que, como recalcou a conselleira Ángeles Vázquez, debe ser “consensuado coas comunidades lobeiras” xa que son as que velarán pola súa aplicación.


“Teño que dicir que foi decepcionante. Estabamos con esa esperanza, tendendo a man as 11 comunidades para o diálogo, para comezar a casa polos cimentos e non polo tellado, pero a resposta non foi a máis axeitada”, declarou a conselleira tras a reunión, lamentando que a actitude do Estado non lle deixe máis remedio ás devanditas autonomías que recorrer “á vía xurídica” a través da presentación dos recursos correspondentes.


Así mesmo, a representante autonómica tamén lembrou que no mes de febreiro, PP e PSdeG uníronse no Parlamento de Galicia para rexeitar o plan do Goberno central para protexer o lobo, apoiando ambos grupos unha iniciativa parlamentaria neste sentido e na que só se abstiveron os deputados do BNG. Ademais, indicou que, segundo desvelou esta mesma tarde a ministra, a proposta de inclusión do lobo no Lesrpe recibiu máis de 4.500 alegacións durante a fase de consulta pública.


Por iso, considerou que se trata dun tema de “confrontación do territorio” polo que son as comunidades as que coñecen mellor a súa biodiversidade e son plenamente conscientes de que “o fortalecemento dunha especie fai que outras se sintan con menos forza”, poñendo como exemplo o caso dos Ancares e da convivencia nesta zona entre o lobo e o rebeco.


Reparto dos primeiros fondos europeos

Noutra orde de asuntos, durante a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente desta tarde o Ministerio deu a coñecer e confirmou os criterios de reparto entre as comunidades de parte dos fondos europeos asignados a España no período 2021-2023 e que o Goberno central executará a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.


A este respecto, Ángeles Vázquez aproveitou para trasladarlle á ministra Teresa Ribera a necesidade de introducir “flexibilidade” á hora de territorializar os fondos europeos reservados para a compoñente relativa á xestión dos residuos.


Así, indicou que a Xunta recibiría 22,3 millóns de euros no período 2021-2023 para investir nas catro liñas de actuación establecidas co obxectivo de acadar a implementación da normativa comunitaria en materia de residuos e economía circular. 


Sen embargo, no caso concreto de Galicia unha delas xa estaría cuberta coa construción este ano de tres novas plantas de compostaxe de biorresiduos. Por iso, defendeu que se poidan destinar estes fondos para cumprir outro obxectivo, concretamente á implantación de novas recollidas separadas así como a mellora das existentes.


En todo caso, a conselleira tamén subliñou que Galicia será unha das comunidades que recibirán máis fondos europeos para o financiamento da adaptación das liñas eléctricas aéreas de alta tensión, polo que agradeceu que o Ministerio destine á Comunidade para este concepto preto de 1 millón de euros.


Do mesmo xeito, o Goberno galego tamén confirmou que poderá xestionar directamente outros 700.000 euros (a contía máxima posible) do chamado Plan PIMA Ecosistemas, co que se busca fomentar e apoiar a adaptación ao cambio climático dos ecosistemas forestais e agrarios.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement