Vigo/crisis del Naval) Concejal del Bloque llama "comisaria de propaganda de Feijóo" a la Delegada de la Xunta

Igrexas, concejal del Bloque en el Concello de Vigo.

Nuevo conflicto político en Vigo. El BNG arremete ahora contra la Delegada de la Xunta en la zona viguesa, la llama "comisaria de propaganda de Feijóo" y la acusa de usar el cargo para promocionarse como lideresa del PP de Vigo...


O Bloque Nacionalista Galego vén de criticar a que entende como "inacción da Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, perante a grave crise industrial que atravesa a cidade olívica e a súa comarca". O BNG chama a Delegada "a exercer as súas funcións e a deixar de axir como comisaria de propaganda de Feijóo", acusando a Fernández-Tapias de "utilizar o cargo como plataforma para postularse ao liderado do PP vigués".

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, falou da situación de “emerxencia laboral e produtiva” que atravesa a cidade e que se manifesta nunha “grave crise industrial e no momento crítico dun sector estratéxico como é o sector naval".
Igrexas referiu que na cidade, segundo datos da última EPA dispoñíbel, hai hoxe 5400 empregos industriais menos que en 2009. Neste contexto, expresou “enorme preocupación" pola evolución do sector da construción e a reparación naval. "Ao punto límite no que está o antigo Vulcano, agora estaleiros ‘San Enrique’, por causa da brutal ofensiva do PP desde a Autoridade Portuaria de Vigo para inviabilizar a recuperación da actividade nas gradas deste estaleiro centenario, engádese agora xa non incertezas senón a ameaza real sobre o futuro de Barreras", explicou.

“O Bloque Nacionalista Galego preguntámonos se a Delegada da Xunta, a señora Fernández-Tapias ten pensado dicir ou facer algo fronte a grave crise industrial de Vigo”, interpelou o portavoz municipal do BNG. A acusación do Bloque a Fernández-Tapias é que "no algo máis de medio ano que leva no cargo a Delegada non teña despregado ningunha actuación perante esta cuestión fundamental para o futuro da cidade e da súa área". 

O voceiro do Bloque critica tamén a que considera "utilización partidista que se está a facer, por parte da máxima representación do Goberno galego na cidade. Cando Feijóo nomeou a Fernández-Tapias como nova Delegada da Xunta, xa sabiamos que como fixeron as persoas que a precederon, do que ía exercer era de comisaria de propaganda do PP para tentar ocultar ou disimular a política de total abandono que o executivo galego practica contra a principal cidade do noso país", explica Igrexas, dando desta forma a razón ao Alcalde Caballero nas críticas permanentes que fai á Xunta de Galicia en relación co trato dispensado á cidade de Vigo.
Aliás, o edil Igrexas refere que cumpre afear "que Fernández-Tapias estea a utilizar o seu cargo como plataforma persoal na “loita intestina” polo liderado do PP de Vigo".
“O que lle pedimos desde o BNG é que exerza como Delegada da Xunta e que empurre solucións para enfrontar a crise industrial da cidade e blindar o futuro do naval, un sector que chegou a representar 10 mil empregos directos e indirectos e que hoxe está nun momento crítico”, conclue.
Publicar un comentario

Publicar un comentario