Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) Igrexas pide a Caballero gastar menos enerxía en "soflamas verbais contra o Bloque"

Abel Caballero lamentou esta mañá "a falta de resposta da Xunta ao protocolo de colaboración para a construción dun centro de ensino secundario de Navia que o Concello enviou á Xunta o 11 de febreiro de 2020. Nesa proposta, o goberno local poñía a disposición da Xunta unha parcela de 12.000 m2 ao tempo que lle pedía que enviaran a súas suxestións nun prazo de 15 días". O alcalde de Vigo subliñou que un ano e dous meses despois do envío dese protocolo “nin unha sola palabra de resposta”.
O alcalde criticou "o silencio do goberno autonómico sobre unha proposición que recollía a cesión inmediata desa parcela municipal unha vez que a Xunta se comprometera á execución do instituto e que dotaran o proxecto de fondos económicos". En resposta a recentes declaracións de responsables do PP e do BNG, criticou a actitude de estas forzas políticas que “sempre actúan en contra desta cidade”. (Concello de Vigo)




O BNG de Vigo pide a Caballero que se desculpe en nome do PSOE pola nefasta xestión da entidade local menor de Bembrive

Considera “insuficiente e insultante” que o rexedor e máximo referente do PSOE vigués se limitase a expresar “respeito” pola condena xudicial a máis de 2 anos de prisión contra o exalcalde pedáneo, Roberto Ballesteros.

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero non pode facer como que non coñece de nada a Ballesteros”.


O Bloque Nacionalista Galego instou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a desculparse coa veciñanza de Bembrive e do conxunto da cidade, após o último fallo xudicial que condena a máis de 2 anos de prisión e 7 de inhabilitación ao anterior pedáneo da entidade local menor, Roberto Ballesteros, por delitos de falsidade, malversación e prevaricación.

Para o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, as declaracións de Caballero nas que se limitaba a "respeitar” a sentenza xudicial son “insuficientes e insultantes”. “O que demandamos do alcalde e máximo referente do PSOE na cidade é que, como mínimo, exprese unha sincera desculpa á veciñanza de Bembrive e do conxunto da cidade, e un compromiso real para depurar responsabilidades políticas que eviten que isto volva suceder”, reclamou.

Igrexas lembra que a entidade local menor de Bembrive recibe cada ano unha transferencia de 285 mil euros do Concello de Vigo. “Falamos de diñeiro de todas as viguesas e vigueses, que debera ir destinado a atender as necesidades de Bembrive e que acaba utilizándose nunha xestión corrupta”, advertiu.

O portavoz municipal nacionalista sostén que “Abel Caballero non pode facer como que non coñece de nada a Ballesteros, cando todo o mundo sabe que as decisións sobre o PSOE de Bembrive as tomaba e toma el”.

Desde o Bloque denuncian que “para alén da dimensión xurídica e das consecuencias penais das accións de Roberto Ballesteros a nefasta xestión do PSOE colocou a entidade local menor nunha situación limite, ao borde da quebra". Neste sentido, apuntan que durante a etapa de Ballesteros como alcalde pedáneo “dilapidáronse preto de 15 millóns de euros”, consumindo todos os recursos de tesourería. "Unha situación que continúa a padecerse na actualidade, tal e como reflicte a decisión da Xunta Veciñal da entidade local menor do pasado mes de febreiro para autorizar o pago dunha factura de 550 mil euros, pendente desa etapa", di o Bloque.

“Nestas condicións está seriamente comprometido o futuro da entidade local menor e o que é máis importante, non hai capacidade para que se atendan as necesidades reais da parroquia”, advirte Pérez Igrexas.

¬Polémica sobre o instituto de Navia

O edil nacionalista tamén retrucou as declaracións públicas realizadas por Abel Caballero esta mañá, após a súa interpelación no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo sobre a situación na que se atopa o proceso para a cesión dos terreos para a construción do novo instituto de Navia e a formalización do convenio coa Xunta.

Igrexas asegurou que non vai entrar “a rebater os ‘desvaríos' de Caballero que cada vez que se pon en evidencia a súa falla de xestión ataca de maneira disparatada e sen ningún argumento o BNG".
“É moi triste que o Goberno municipal recoñeza que non fixo ningunha xestión en un ano e dous meses para axilizar a posta en marcha do instituto de Navia, máis alá de enviar un protocolo de colaboración en febreiro de 2020 que a Xunta non contestou”, valorou.

O nacionalista chamou o rexedor a gastar menos enerxía en "soflamas verbais contra o Bloque" e a dedicar máis esforzos reais para desbloquear unha dotación imprescindíbel para Navia”. “Mentres Caballero sigue xogando ao ‘canto peor, mellor’ o alunado de Navia ten que seguir facendo dez quilómetros en bus para ir ao instituto”, acrecentou.

“Uns por outros e Navia sen instituto”, resumiu o portavoz do Bloque en Vigo, que volveu demandar a Concello e Xunta que cooperen para faceren realidade, canto antes, o novo centro educativo.

Igrexas lembrou que o BNG xa presentou, de maneira reiterada, iniciativas e interpelacións no Parlamento de Galiza, para esixirlle á Xunta a posta en marcha do instituto de Navia.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement