Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) El Bloque a vueltas con el futuro de los terrenos de Vulcano

O Bloque Nacionalista Galego volveu interpelar publicamente ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que aclare cal vai ser a súa posición como representante do Concello no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo en relación á proposta de extinción da concesión portuaria da antiga Vulcano. A fronte nacionalista chama o rexedor a non se sumar á “ofensiva do PP contra o sector naval” e a defender a continuidade dun sector estratéxico para Vigo e a súa comarca.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reiterou esta publicamente a interpelación que realizou no Pleno do Concello, demandando a Abel Caballero que se pronuncie de maneira clara sobre a posición que vai adoptar na xuntanza do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, convocada para este venres, e na que se vai abordar a incoación dun novo expediente de extinción da concesión portuaria (outorgada en 2009 e vixente até 2027) á antiga Vulcano. Igrexas alertou de que se adoptar esa medida estaríase abrindo a porta á desaparición definitiva do estaleiro centenario de Teis, agora xestionado como Estaleiro San Enrique, da man de Marina Meridional, e suporía un golpe letal para o conxunto do sector naval.

“É momento de que Caballero diga publicamente se vai votar a prol de acabar definitivamente coa antiga Vulcano, ou se se vai a opoñer aos plans especulativos impulsados por López Veiga e asumidos pola actual presidencia da Autoridade Portuaria, para converter este estaleiro, fundamental para a construción e reparación naval na ría de Vigo, nunha extensión da terminal de contedores”, reclamou o portavoz municipal nacionalista.
Desde o Bloque advirten da enorme importancia que envolve o futuro do estaleiro nun contexto de “grave devalar industrial”, cando na cidade hai 5400 empregos industriais menos dos que había en 2009 e lembrando que o sector naval chegou a representar 10 mil postos de traballo. “Acabou o tempo das dilacións e as escusas. Acabou o tempo de poñerse de perfil. É hora de que o alcalde de Vigo diga claramente se o voto do Concello vai ser a favor do futuro industrial da cidade, ou se se vai sumar á campaña furibunda do PP contra o sector naval”, inquiriu Igrexas.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement