Vigo) Caballero asegura que los 16 nuevos conciertos que promueve tienen "seguridad 1.000x100 Covid"

O Terraceo acollerá 16 novos concertos no Mar de Vigo entre o 1 de maio e o 9 de xullo

Xa son 16 os concertos confirmados dentro do Terraceo 2021, un cartel ao que se seguirán sumando artistas nas próximas semanas. Entre outras actuacións, destaca a de Os Resentidos presentarán no Auditorio Mar de Vigo o seu primeiro álbum desde 1993.


O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación da segunda edición do Terraceo, un festival que permitirá que Taburete, Carlos Sadness, Andrés Suárez, Baiuca, Os Resentidos ou Kevin Johansen actúen no mes que vén no Auditorio Mar de Vigo. Entre o 1 de maio e o 9 de xullo están previstas 16 actuacións dentro dun proxecto que nos permitirá gozar da música con seguridade covid 1.000 x 100 e cunha mobilización cultural única en España. Todos os conciertos comezarán ás 20 horas, coincidindo co atardecer (se chovera, celebraríanse dentro do propio Auditorio Mar de Vigo).

Acompañado por Iñaqui Teixeira, responsable do Mar de Vigo e polo concelleiro de Festas, Pablo Estévez, Caballero avanzou que se irán sumando novos artistas ao cartel deste 2021. Por primeira vez, haberá artistas internacionais, como Kevin Johansen, que compartirán escenario con grupos locais, xa que a meirande parte dos concertos contará con bandas viguesas de teloneiros o que permitirá promover novos artistas. Os Resentidos presentarán no festival “Organización Nautilus”, o seu primeiro álbum desde 1993; mentres que The Soul Jacket presentará o seu quinto disco.

Durante a presentación, o alcalde destacou o éxito da pasada edición do Terraceo cun aforo promedio nos concertos dun 95%, converténdose no festival con máis artistas de toda España. Ademais de crear emprego e atraer a importante número de xornalistas, as publicacións en redes sociais do Mar de Vigo durante os concertos chegaron a mais de 2 millóns de persoas e xeraron case 80.000 interaccións.

Programa:
1 de mayo: Taburete
8 de mayo: Carlos Sadness
15 de mayo: Andrés Suárez
21 de mayo: Baiuca
22 de mayo: Os Resentidos
23 de mayo: Kevin Johansen
29 de mayo: Pol Granch
4 de junio: Annie B. Sweet
5 de junio: Juancho Marqués
11 de junio: The Soul Jacket
12 de junio: Kutxi Romero y Los Motores
18 de junio: La habitación roja
19 de junio: Sr. Chinarro
25 de junio: La Bien Querida
26 de junio: El Kanka
9 de julio: Nach


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.