Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) BNG critica que non se teña dado "nin un paso" para construír o instituto de Navia


O Bloque Nacionalista Galego criticou a falla de avances de cara a dotar o barrio de Navia, en Vigo, dun instituto de secundaria. A fronte nacionalista interpelará este martes o Goberno municipal de Vigo, na Xerencia de Urbanismo, para coñecer en que situación está a cesión de terreos. Afean tambén que a Xunta "o único que teña feito sexa dotar unha partida de apenas 50 mil euros para elaborar o proxecto, inda pendente".

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, considerou inaceptábel que a Consellaría de Educación veña de recoñecer de maneira expresa que non se produciu ningún avance para facer realidade o prometido novo IES para Navia. "A Xunta non ten feito absolutamente nada para que o instituto de Navia deixe de ser unha promesa eterna e se materialice", criticou. O edil lembrou que o instituto é unha reivindicación de longo tempo por parte da veciñanza do barrio e que é imprescindíbel para poñer fin ao "disparate" de que o alunado de Navia teña que deslocarse até Valadares, a dez quilómetros, para cursar a secundaria ou o bacharelato.

Igrexas vén de anunciar que interpelará o Goberno local no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que se celebrará este martes, para coñecer en que situación se atopa o proceso administrativo para a cesión dos terreos necesarios para construír o novo centro educativo. "Queremos coñecer a verdade, para saber que teñen feito Concello e Xunta en favor do instituto de Navia", explicou.

Desde o Bloque lembran que levan meses formulando diferentes iniciativa e interpelacións no Parlamento galego, esixindo un compromiso claro por parte da Xunta que garanta que Navia conte cun centro de secundaria propio no menor prazo posíbel, tal e como prometeu o propio Partido Popular nas últimas eleccións galegas, en xullo do ano pasado.

(Imagen : Google)

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement