O grupo provincial do Partido Popular defende que os veciños de San Amaro, en Barro, "merecen unha estrada segura, cun proxecto de mellora integral, e non o “parche” que fixo a Deputación de Pontevedra na EP-0508 entre Curro e A Portela". Foi durante a visita que os deputados Jorge Cubela, Paz Lago e Javier Tourís fixeron ao lugar, acompañados polos concelleiros locais, José Antonio Landín e José Suárez e varios veciños.
Durante o encontro, no que aproveitaron para percorrer a pé un tramo da estrada e comprobar “o grave problema de seguridade vial que provoca unha estrada estreita e moi sinuosa para a convivencia de peóns e vehículos”, escoitaron as reclamacións “xustas” que fan os veciños de San Amaro. Piden "un proxecto integral para a EP-0508, coa ampliación da plataforma pola que hai tramos na que non poden cruzar dous vehículos, a creación de beirarrúas para poder camiñar con seguridade, así como a mellora do saneamento e do alumeado público".
O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, defende que “hai que investir con fundamento, e non ir a Barro e poñer un parche para xustificar que se fixo algo”. Recorda que “ademais de ser a titular desta estrada, a Deputación ten como misión apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia. Os concellos do rural deben ter servizos e seguridade, e por iso o Goberno provincial non pode dar as costas aos veciños de San Amaro”. Nesta liña, entende que tanto a institución provincial como o Concello de Barro son responsables desta situación, xa que o Goberno local debería ter defendido as reclamacións dos veciños.
As reclamacións e o malestar que dos veciños de San Amaro non son novas, hai máis de un ano que os populares apoiaron e participaron nalgunhas das concentracións que a plataforma veciñal organizaba para reclamar un proxecto seguro para esta estrada provincial, como se fan noutros concellos e noutras estradas provincias.
A EP-0508, entre Curro e A Portela, é unha estrada pola que transitan moitos vehículos, así como o autobús escolar e camións, pero tamén pola que cruzan moitos peóns, xa que ademais por ela transcorre o Camiño de Santiago.
POPULAR-desc:Trending now:
-
El Instituto Geográfico Nacional ha confeccionado un mapa actualizado y muy detallado de las redes ferroviarias peninsulares. Les ofrecemos ...
SEARCH
SECTIONS
- -A EURORREGIÂO
- -CORTOS Y DIRECTOS
- -EL OCIO-TURISMO
- -FRONTERAS
- -LA CULTURA
- -LA EURORREGIÓN
- -LA VIDA
- -Las Cosas de la Vida
- -LAS OPINIONES
- -LAS PERSONAS
- -LOS DEPORTES
- -m
- -MAIS PORTUGAL
- -MÁS ESPAÑA
- -Ocio/Deportes/Espectáculos
- -PORTADA
- -PORTADA)
- -Y ADEMÁS...
- + GALICIA
- 1-EURORREGIÓN
- 10-OCIO-ESPECTACULOS
- 11-PORTUGAL TAMBIÉN
- 12-ESPAÑA TAMBIÉN
- 13-MÁS DE PORTADA
- 2-GALICIA
- 3-PORTUGAL
- 4-LAS COSAS DE LA VIDA
- 5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA
- 5-OPINIÓN
- 6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS
- 7-MÁS EURORREGIÓN
- 8-EL ÚLTIMO PARTE
- CAJÓN DE SASTRE
- CLAVE INFORMATIVA
- CORONAVIRUS
- CORTOS Y LARGOS
- CUADERNO FINAL
- CULTURA Y ESPECTÁCULOS
- CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA
- DEPORTES
- EL ÚLTIMO PARTE
- ESPAÑA
- ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES
- EURORREGIÂO
- EURORREGIÓN
- EURORREXIÓN
- FERROCARRIL
- GALICIA
- GALICIA SUR
- GRANDE REPORTAGEM
- INTERNACIONAL
- LA MIRILLA
- LAS COSAS DE LA VIDA
- LOS DEPORTES
- MAIS PORTUGAL
- MÁS ESPAÑA
- MÁS GALICIA
- MASS-MEDIA
- Medios de Comunicación
- OCIO
- OCIO-ESPECTÁCULOS
- OCIO-TURISMO
- OPINION
- OTRA PORTADA
- PIE DE FOTO
- PONTEVEDRA
- PORTADA
- PORTUGAL
- PORTUGAL NORTE
- PRIMER CUADERNO
- PROVINCIA
- PUNTOS DE VISTA
- REPORTAJES
- REPORTAJES-ARTÍCULOS
- RETRATOS
- SPORTING DE BRAGA
- TAUROMAQUIA
- VIGO
LATEST
3-latest-65px
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.