Vecinos de Redondela reclaman a Deputación que les haga las mismas aceras que hace en Vigo...
0
Comentarios
A voceira do grupo municipal do PP de Redondela e deputada provincial, Carmen Amoedo, reclamou un trato igualitario para as estradas provinciais do concello redondelán, concretamente na EP-2906 Os Valos-Guizán. “Redondela non é de segunda, queremos ter as mesmas humanizacións que ten Vigo e outros concellos da provincia”, defendeu durante un encontro cos veciños de Vilar de Infesta, no que tamén participaron os deputados Alejandro Lorenzo e Alfonso Marnotes e concelleiros.
Amoedo recorda que os veciños deste lugar levan esperando varios anos pola segunda fase da reforma deste vial, coñecido como Estrada do Galleiro, e que despois de todo ese tempo comezaron as obras cunhas actuacións “que son insuficientes para Redondela e que espertan o rexeitamento dos veciños”.
Para a deputada popular “é increíble que, nunha zona cualificada como solo urbano, a alcaldesa de Redondela dea por válido un proxecto que vai ter unha senda ao mesmo nivel do asfalto e que segue sen garantir a seguridade dos peóns”, cando o que están reclamando os veciños é que se manteña o mesmo proxecto que se executou na primeira fase das obras e que tamén se están incluíndo nas humanizacións doutras estradas provinciais, como por exemplo na cidade de Vigo, e que inclúen “beirarrúas, muros e retranques en condicións”.
“Isto non é o que queren os veciños de Vilar de Infesta, que esixen o mesmo trato e que aínda están esperando a que o Goberno provincial respondan ás súas demandas”, defende a popular.
Desde o PP recordan que neste lugar a poboación vive moi dispersa e se despraza con frecuencia a pé, pero tamén pasan por ela cada ano milleiros de peregrinos xa que forma parte do Camiño Portugués.

Publicar un comentario