Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Teresa Ribera y M.Teresa Fernández de la Vega, en la jornada "Mujeres y Agenda 2030", en la "Escuela María Vinyals"

Teresa Ribera: “Sen igualdade non é viable a Axenda 2030 porque non é posible cubrir os ODS sen a presenza activa e o protagonismo das mulleres”.


Mª Teresa Fernández de la Vega: “As mulleres somos as gardiás da biodiversidade porque a levamos no noso ADN. Cando se nos dan opcións de exercer o liderado o facemos con todas as consecuencias”.


Cun chamamento unánime á necesidade de que as mulleres opinen, valoren, traballen e decidan na implementación da Axenda 2030 rematou en Pontevedra a dobre xornada da Escola María Vinyals sobre o liderado das mulleres da administración pública no compromiso cos ODS, que contou coas intervencións on line da vicepresidenta do goberno de España e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e da presidenta do Consello de Estado, María Teresa Fernández de la Vega.  Na xornada, organizada pola Deputación en colaboración coa USC, e que contou cun auditorio virtual total de máis de 600 persoas, unha vintena de relatoras debateron sobre as dificultades das mulleres para ter o “protagonismo imprescindible ante un dos retos máis relevantes que ten o planeta


“Non haberá cambio de paradigma económico, social, medioambiental se a metade da poboación non estamos plenamente integradas e participando activamente nese cambio”, asegurou Carmela Silva na apertura. “Nada se cumprirá da Axenda 2030 se a metade do mundo que somos nós, as mulleres, non estamos integradas nos 17 ODS”.  A presidenta fixo fincapé nos datos da presenza das mulleres no mundo local e na administración autonómica “absolutamente inxustos. A sociedade non se pode permitir perder o talento que aportamos e por iso temos que cambiar estes datos para mellorar as administracións porque, deste xeito, estaremos tamén mellorando a vida da xente”. Citou así, que en Galicia o 71,4% das persoas funcionarias son mulleres pero, sen embargo, hai 34 homes en altos cargos fronte a 23 mulleres, 44 homes na alta dirección de entes instrumentais fronte ás 21 que ocupan mulleres, 4 delegados provinciais fronte a 1  muller. Datos irrisorios tamén  no mundo local  no que só o 18% dos concellos galegos teñen unha  alcaldesa, 14 de 61 na provincia; ou que soamente hai 6 presidentas das Deputacións . A presidenta lembrou no obstante que si se toman decisións valentes as cousas son distintas citando o caso da propia Deputación de Pontevedra: “o persoal funcionario é unha maioría aplastante de mulleres, pero tamén son maioría as directivas, 14 fronte a 13 homes”. En canto ao persoal político da institución provincial, a corporación está formada por 14 homes e 13 mulleres e o goberno por 9 mulleres e 7 homes.


A vicepresidenta do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, recordou na súa intervención o papel fundamental das mulleres na pandemia, e subliñou que “a igualdade é fundamental dende o punto de vista da xustiza social, pero tamén do económico. Non hai esfera socioeconómica que sexa posible manter se non se basea na igualdade de oportunidades”. Deste xeito, dixo, “sen igualdade non é viable a Axenda 2030” porque “non é posible cubrir os ODS sen a presenza activa e o protagonismo das mulleres”. Pese a elo, Ribera destacou que hai “teitos de cristal, vocación de apartar, de converter ás mulleres en obxecto máis que en suxeitos, en participantes máis que en protagonistas das súas decisións”, e apelou á importancia de “que haxa espazos ao menos na mesma proporción que as mulleres representan no conxunto da sociedade”. 


Ribera destacou que na administración seguen a existir “grandes diferencias” e mencionou ámbitos “que aínda contan cun nivel de masculinización moi elevado, que requiren un compromiso activo e medidas proactivas para romper esa fenda e facilitar a igualdade”. Por elo, rematou cun chamamento a “non renunciar ás cimas que se foron conquistando ao longo de décadas” e a “seguir traballando por aqueles espazos que quedaron no ángulo morto, cun retrovisor que debemos volver enfocar mirando cara ao futuro”.


A clausura contou coa presidenta do Consello de Estado, Mª Teresa Fernández de la Vega, para quen o ODS central “ten que ser o número 5, a igualdade entre xéneros para empoderar ás mulleres e ás nenas”. Incidiu en que a pesar do carácter transversal da Axenda 2030, o seu denominador común “é a participación real, efectiva e igualitaria das mulleres. “O día –apuntou- en que sexamos capaces de asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis de decisión, xa teremos acadado o ODS 16, que é o de promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas”. De la Vega engadiu que sen a implicación de todos os sectores, desde as administracións estatal e locais, do seu persoal e, en definitiva, da sociedade, é absolutamente imposible a implementación da Axenda 2030. “Hoxe –subliñou- non necesitamos acumular, necesitamos construír movemento social. Necesitamos riqueza en tempo e vínculos sociais. E dar un novo sentido á vida boa, con dignidade humana, tratando ben á terra e reconciliando natureza e cultura. E isto crédeme, é o que mellor sabemos facer as mulleres. As mulleres somos as gardiás da biodiversidade, o levamos no noso ADN. Cando se nos dan opcións de exercer o liderado o facemos con todas as consecuencias”. A presidenta do Consello do Estado felicitou á Deputación polo seu compromiso neste eido, “cuxas políticas nos dan gran sopro de esperanza”, especialmente ás de igualdade, nun momento en que a pandemia “nos afectou de maneira desproporcionada ás mulleres”. “Sei e coñezo ben que a vosa última diagnose sobre a implementación da Axenda 2030o na Deputación chegaba ao 91%. Non dubido –sinalou dirixíndose a Carmela Silva- que conseguirás chegar ao 100%”. 


A clausura tamén contou coa participación da avogada xeral do Estado, Consuelo Castro, quen incidiu na necesidade de aplicar a “corresponsabilidade”. “As persoas que ocupemos postos de mando, que poidamos influír na toma de decisións, deberiamos estar involucradas e interesadas en que a sociedade e a administración se encamiñe nesta dirección”. Trala súa intervención, a presidenta Carmela Silva pechou o acto agradecendo ás relatoras “que aportaron tanto nivel, coñecemento, ideas, reflexión, análise, datos, visibilización, empoderamento e moitas propostas para transformar o mundo”. A presidenta anunciou, en canto as circunstancias sanitarias o permitan, a celebración dun gran congreso presencial da Escola María Vinyals no Castelo de Soutomaior, que abordará a administración pública con mulleres do eido local, autonómico e estatal, e da universidade, “porque temos que ocupar o espazo público”.


As Mesas da Xornada


A xornada, presentada pola directora da Cátedra Iberoamericana da USC, María Cadaval, e dirixida por María Xosé Rodríguez Galdo, contou con dúas mesas de debate. Na primeira, sobre “O liderado feminino na Administración e o seu avance cara unha igualdade real”, moderada pola Valedora do Pobo, Dolores Fernández, participaron a directora de Orzamentos da OCDE, Ana José Varela, a presidenta da Asociación de Mulleres no Sector Público, Concepción Campos, e a titular da Asesoría Xurídica do Concello de Vigo, Margarita Pajaró. As relatoras apelaron a dificultades como o “síndrome da impostora” á hora de optar aos cargos, á invisibilidade, ao “traballo non pagado”, e á corresponsabilidade. Amais, afondaron na necesidade da transversalidade da igualdade nas políticas públicas e na importancia de establecer redes de networking e sponsorización de mulleres, de apostar pola formación, e por converter ao sector público en “exemplarizante” reforzando o papel das mulleres na dirección pública e incorporando a perspectiva de xénero á súa regulación: “Non haberá institucións inclusivas, xustas e transparentes sen a participación das mulleres, se as mulleres non formamos parte da toma de decisións e das altas estruturas da administración pública”.


A segunda mesa, sobre “Cidades sostibles: un reto para o liderado feminino no mundo local na procura de institucións sólidas” estivo moderada pola directora da xornada María Xosé Rodríguez Galdo e participaron Ana Oregui, concelleira de Vitoria-Gasteiz, Amalia López, xornalista especializada en comunicación na administración pública local, e Inmaculada Viña, interventora da administración local e directora do ORAL da Deputación. Todas amosaron a súa convicción na necesidade de incorporar a perspectiva de xénero e o concepto de sustentabilidade ás políticas locais apostando por unha “visión diferente das cidades e do mundo” como o “enfoque transformador” da Axenda 2030. 




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement