Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Rías Baixas) Vigilen las viñas que el Mildium acecha...

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que insiste nas súas anteriores recomendacións de continuar vixiando as viñas debido á situación de risco para o desenvolvemento do mildio.


O persoal técnico do centro destaca que nas visitas realizadas a diversas viñas da rede de seguimento apenas se detectaron cambios con respecto á situación da pasada semana e que en xeral, todos os predios están protexidos por un tratamento. Pero incide no actual momento de risco de infección polo ciclo da viña e en que a situación climatolóxica cambiante que se produciu nesta última semana pode dar lugar a novos síntomas da enfermidade nos próximos días. Deste xeito, reitera a súa recomendación de revisar as viñas para ver si se detectan novas manchas ou síntomas no acio en formación, sobre todo se xa está próximo a finalizar o período de protección teórico da intervención anterior, en cuxo caso haberá que renovar o tratamento empregando un produto que conteña unha materia activa con efecto curativo.


Doutra banda, o persoal de Areeiro recibiu aviso da aparición de manchas de black rot en diversas viñas do Salnés, aínda que nas visitas realizadas a súa rede de seguimento e a aoytris predios detectouse só a enfermidade nunhas cepas abandonadas de Corzáns na comarca do Condado  e tamén algún que outro síntoma illado na viña contigua. Neste caso, desde a Estación Fitopatolóxica sinalan que aínda que non hai funxicidas específicos fronte a este patóxeno, en caso de que se realice unha intervención anti-mildio pódese empregar un funxicida que tamén teña efecto fronte ao black rot, dado o difícil control do fungo responsable desta enfermidade se non se controla ben nas primeiras intervencións.


Respecto a outros parasitos da viña, Areeiro advirte de que a presenza de caracois, ao igual que noutros cultivos e especialmente na horta, segue incrementándose. Tamén empezan a manifestarse síntomas de alteracións de madeira nalgunha viña.


O aviso fitosanitario volveu referirse á bolboreta do buxo. Deste xeito, o persoal de Areeiro indicou que nas sebes revisadas en diferentes zonas apenas se observaron xa eirugas e de feito están a aparecer numerosos gromos novos. Pero aínda con estes datos, existe a posibilidade de que noutras sebes/plantas o ciclo vaia máis retrasado, polo que segue a ser conveniente continuar as revisións por se fora precisa unha nova aplicación


Doutra banda, no caso da maceira, nas plantas revisadas esta semana atopáronse algúns gromos con oídio, os primeiros síntomas de moteado e tamén algunha colonia de pulgón cincento e verde, aínda que en todos os casos tratábase de síntomas pouco importantes.


Por último, o aviso refírese aos cítricos. Areeiro sinala que as temperaturas destes días non son especialmente favorables á brotación, pero nos gromos que hai atopáronse algúns insectos chupadores, especialmente pulgóns e moscas brancas, e apenas psila africana.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement