Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Remo) Gloria y aplauso al Club do Mar de Bueu - Teccarsa

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu este martes, 27 de abril, o acto de recibimento oficial ao Club do Mar de Bueu - Teccarsa, que organizou o Concello de Bueu co obxectivo de darlle os parabéns aos deportistas integrantes dos equipos xuvenil e senior, que acadaron grandes éxitos deportivos no Campionato de España de Bateis a pasada fin de semana. Félix Juncal, alcalde de Bueu, salientou a vitoria dos xuvenís, que se declararon campións en Meira, e a dos sénior, que acadaron un merecido cuarto posto.

O alcalde destacou o recoñecemento e agradecemento do Concello a un club e uns deportistas que simbolizan o esforzo e a ilusión. “Para o pobo de Bueu é un enorme orgullo gozar de momentos así, nos que emocionarnos e sentir ilusións fortes”, apuntou.

Este acto, no que participaron integrantes da directiva do club, os homenaxeados e concelleiros e concelleiras da corporación municipal, tamén serviu para facer entrega dunhas medallas conmemorativas polos éxitos acadados nos campionatos galego e estatal de bateis na tempada pasada, que non se puidera organizar antes debido ás continuas restricións establecidas pola Covid-19. Tal é o caso dos integrantes do equipo sénior masculino, que foron campións, os xuvenís, que quedaron cuartos, e as sénior femininas, de sétimas.

As persoas asistentes tamén puideron ver un pequeno vídeo gravado con drons e cámaras durante o campionato galego de bateis que se celebrou hai dúas fins de semana na vila bueuesa e que o Concello lle entregará ao club como agasallo e lembranza deste ano de tantas vitorias.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement