Refere Caballero que "Vigo é o principal aeroporto de Galicia cando se funciona sen subvención"

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, volvió a resucitar hoy el tema del aeropuerto para atacar por enésima vez a la Xunta de Galicia, aprovechando unos datos de relativo éxito -dado el escaso número de viajeros- en tiempo de pandemia... Pero el regidor no desaprovechó para sacar pecho con el asunto. Veamos...

Caballero: "Vigo é o principal aeroporto de Galicia cando se funciona sen subvención"

A terminal olívica liderou o pasado mes de marzo o tráfico de pasaxeiros de Galicia sumando máis de 24.000 voos, fronte aos 23.000 da Coruña e aos case 23.000 de Santiago. O destino principal do aeroporto de Vigo é Madrid, seguido de Barcelona.



O alcalde explicou que o destino regular con máis tráfico de pasaxeiros é a capital española, co 82% dos voos, xa que "temos unha intensa relación aérea e forte relación con Barcelona", que é o segundo destino, explica unha nota de prensa municipal.

As compañías que prestan este servizo na terminal da cidade non están subvencionadas, puntualizou o rexedor, para quen Vigo ten unha "inxente capacidade de transporte aéreo, de negocios, empresarial" e ademais é unha grande cidade turística.

O liderado de Vigo no mes de marzo en canto ao tráfico de pasaxeiros en Galicia, amosa para Caballero que "cando se funciona sen subvencións, Vigo é o principal aeroporto de Galicia. Isto é importantísimo. O que distorsiona o transporte aéreo en Galicia son as inxentes axudas que a Xunta de Galicia dá aos voos desde Santiago". Así, engadiu que "ducias" de compañías son subvencionadas pola Xunta de Galicia para voar a Santiago e, "pola contra, non subvenciona ningunha que voe a Vigo cando o diñeiro para os de Santiago se financia cos impostos de Vigo e favorece o turismo, a hostalería e o transporte desde a capital galega".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.