Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Prestación do Servizo de Administración Electrónica nas entidades locais pontevedresas de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra aprobou os últimos convenios cara ao novo contrato para a prestación do Servizo de Administración Electrónica nas entidades locais da provincia de menos de 50.000 habitantes, que conta cun investimento total de 578.500€. O Goberno deu vía libre aos acordos cos concellos de Sanxenxo, Moaña, Ponteareas e coa Mancomunidade do Morrazo, cos que pecha e garante o servizo ás 64 as entidades locais que se teñen adherido, en concreto 54 concellos, 6 entidades menores e 4 mancomunidades

A través destes convenios os concellos asumen unha contraprestación en función do seu número de habitantes. En concreto, o servizo finánciase cunha aportación do 75% da Deputación e o 25% os concellos. Con esta prestación se realiza o mantemento das plataformas de tramitación electrónica, a sede electrónica personalizada e o portal de xestión de procedementos/expedientes electrónicos.

Amais, o servizo posibilita a realización electrónica de calquera trámite dun procedemento, xestión documental integral dos documentos, arquivo electrónico e traballo de forma coordinada con outras administracións. Tamén inclúe o soporte e mantemento correctivo, e seguimento do proceso dende a súa implantación

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement