Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Populares del Norte de Pontevedra definen su estrategia sobre los parques eólicos

Grupos municipais do PP do norte da provincia definen a súa estratexia con unidade de acción na tramitación dos proxectos eólicos para defender os intereses dos veciños

Os presidentes das agrupacións locais e alcaldes José López, Jorge Cubela e Carlos Costa, a voceira Belén Cachafeiro, o deputado nacional Juan Constenla e o coordinador do Deza e delegado territorial da Xunta, Luis López, unifican posturas nunha reunión na Estrada.
Valoran que a Xunta vaia presentar alegacións contra os parques de maior tamaño e afección e anuncian a súa oposición contra todos aqueles parques que prexudiquen os intereses económicos, sociais e ambientais da cidadanía.
“A nosa postura dista do 'non polo non', pero non pode ser que a aposta polas renovables sexa a costa do sector agrogandeiro e de causar danos irreparables nos nosos territorios”, manifestan.


Os grupos municipais do PP no norte da provincia de Pontevedra, moitos deles con responsabilidade nos gobernos locais dos seus municipios, veñen de manter un encontro na Estrada para definir a súa estratexia fronte á tramitación masiva de proxectos de parques eólicos e acordaron actuar con “absoluta unidade de acción” para “defender ata o límite” os intereses dos veciños e preservar os seus respectivos territorios.

A xuntanza contou coa presenza dos presidentes das agrupacións locais e alcaldes da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, José López, Jorge Cubela e Carlos Costa; a voceira municipal de Forcarei, Belén Cachafeiro; o deputado nacional Juan Constenla; e o coordinador comarcal do partido no Deza e delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, que representou ás agrupacións desa bisbarra.

Os representantes populares unificaron as súas posturas, que son coincidentes, e decidiron actuar de xeito coordinado, xa que sosteñen que unha actuación conxunta ten moito máis peso á hora de conseguir o rexeitamento daqueles proxectos que se consideren prexudiciais para os territorios e os veciños.

“Imos presentar alegacións manifestando a nosa oposición contra todos aqueles parques eólicos que prexudiquen os intereses económicos e sociais dos cidadáns do norte da provincia e aqueles que causen danos irreversibles e importantes nos potentes valores medioambientais, naturais e paisaxísticos da nosa contorna”, explicaron dende o PP.
Así mesmo, valoraron moi positivamente a intención da Xunta de Galicia de presentar alegacións contra os proxectos de parques eólicos de maior tamaño e afección sobre o territorio, como se plasmou co recurso que presentou o Goberno galego fronte a estas iniciativas enerxéticas en Val do Folgos e Monte dos Porcallos, na bisbarra do Deza.

“A nosa postura, como partido serio, rigoroso e responsable e representativo da maioría social do norte da provincia, dista moito do 'non polo non', pero non pode ser que a aposta enerxética polas renovables sexa a costa de danar gravemente ao noso sector agrogandeiro, á xeración económica do noso rural, á vida social das parroquias ou a causar danos irreparables nos nosos territorios e que deixen de ser propios do noso xeito de vivir”, manifestaron.

Finalmente, os representantes do PP acordaron manter un contacto periódico sobre a evolución dos procesos de información pública dos proxectos dos parques eólicos na zona, a intercambiar a información dispoñible e a celebrar reunións informativas cando sexa necesario para tomar medidas orientadas a defender os intereses xerais dos veciños.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement