Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Poio) A Oposición destaca que o Tripartito "solicitou en dous anos 4 millóns en préstamos, incrementando a débeda ata os 9 millóns"

O PP denuncia que o Tripartito que goberna Poio "solicitou en menos de dous anos 4 millóns en préstamos, incrementando a débeda ata os 9 millóns de euros"

· O voceiro popular Ángel Moldes se escandaliza de que "o Tripartito, en menos de dous anos de goberno, pediu préstamos por importe de 4 millóns de euros ata elevar a débeda total municipal aos 9 millóns de euros e converter a Poio no concello máis endebedado da provincia de Pontevedra e no quinto de Galicia".

· Os populares pídenlle o Tripartito, e en concreto o edil de facenda Xulio Barreiro, "que deixe de mentir e de enganar a veciñanza de Poio dicindo que o préstamos de preto de 3 millóns de euros é “perfectamente asumible”..."

· «Precisamente os remanentes deberíase utilizar para investimentos pero o Tripartito tivo que gastalos en pagar facturas no caixón de anos pasados como xa denunciamos no seu momento desde o PP de Poio e xa non hai ni un euro deses Remanentes dos que presume o edil do BNG», indica Moldes.

· «Este préstamo de preto de 3 millóns de euros non é “perfectamente asumible” porque o propio informe de Intervención xa advirte de que a amortización da débeda derivada deste préstamos “vai reducir de xeito moi considerable as partidas de gasto de futuros presupostos” e que poderá “afectar á prestación de servizos públicos básicos”...", insisten os populares.

«Co Bipartito tiñamos unha débeda de 5.800.000€ e co actual Tripartito, en vez de reducila, vaise incrementar –en so dous anos de goberno- ata os 9 millóns de euros nun presuposto de 13 millóns de euros», conclue Moldes.


 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement