· Denuncian que “a práctica totalidade de peticións, queixas, suxerencias ou solicitudes de acceso á información” presentadas por cidadáns ou colectivos quedan sen responder.
· Rocío Cochón recorda ao Goberno local que contestar aos veciños é unha obriga legal, pero sobre todo ética, “dun Tripartito que prometeu transparencia e participación cidadá pero cada vez é máis opaco e máis déspota e arbitrario".
· Os populares defenderán unha moción no pleno de abril esixindo ao Goberno Local responder de forma expresa a todos os escritos no prazo máximo dun mes, ampliable a dous, ata que non se aprobe unha Ordenanza de Bo Goberno, Transparencia e Acceso á Información que recolla os dereitos da veciñanza.