Partido Galego clama contra el abandono existente en la zona de Navia (Vigo)
Lorena Fernández Iglesias, portavoz del Partido Galego, alzó su voz este miércoles para denunciar el estado del parque urbano de San Paio de Navia, en Vigo.
Poñémonos en contacto para denunciar públicamente o estado actual da parroquia de Navia.
Numerosos veciños da parroquia de San Paio de Navia reclaman
atención por parte do goberno local xa que se senten ignorados ante o
estado de abandono que está a vivir a zona.
O maior parque urbano de Vigo está sendo totalmente desatendido e
sen mantemento mínimo. A xestión de parques e xardíns non está cumprindo
o seu cometido de poda de árbores e limpeza, os veciños indican que só
acoden a atender á zona si se producen numerosas chamadas de queixas ó
concello.
O abandono tamén se produce no ámbito do solo con danos nos
sumidoiros e fochancas sen cubrir que son perigosas para os viandantes. O
goberno local non deu solución e só se limitou a sinalizar as zonas
afectadas.
Por último e non menos importante, parte do mobiliario da zona de Navia está danado ou con desperfectos graves.
Dende o Partido Galego propomos:
- Realización de mantemento e limpeza no parque e árbores da zona de forma programada e non dependendo das queixas dos cidadáns.
- Quitar a sinalización das fochancas e cubrilas para que os veciños poidan pisar en chan firme.
- Correcta colocación dos sumidoiros que poden provocar caídas ou tropezos nos viandantes.
- Reparación ou substitución do mobiliario urbano con danos.
- Atención por parte do goberno local ó mantemento da parroquia de Navia independentemente de si se trata dun proxecto novo.