Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Morrazo) Fecimo lanza para mayo su campaña "Somos o teu comercio local"

Fecimo organiza unha gran campaña durante todo o mes de maio baixo o nome “Somos o teu Comercio Local”, onde se sortearán 3.000€ en tarxetas regalo en Bueu, Cangas e Moaña.

Dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo desenvolveuse unha nova campaña de sensibilización e dinamización comercial que terá lugar durante as semanas de maio, comezando este luns 3 de maio.

Fecimo sorteará 3.000€ repartidos en 72 premios de diferentes contías, dende os 20 euros ata os 100 dos premios máis grandes en tarxetas regalo, e que serán repartidos entre as compras que se realicen nos comercios das tres localidades da comarca adheridos á campaña.

Os clientes poderán participar desde o 1 de maio ata o luns 31 de maio, ambos inclusive, rexistrando os códigos dos boletos que reciban con cada compra no sistema de sorteos habitual da Federación, a través da web comerciodomorrazo.com ou da APP móbil de “Comercio do Morrazo” (dispoñible para dispositivos Android e iOS).

Desta forma, no rexistro, os clientes terán a oportunidade de adquirir algún dos premios instantáneos ou ben quedar pendentes para os premios do sorteo final, unha vez remate a campaña. Ademais, cabe destacar que nesta campaña haberá premios adicionais non vinculados aos códigos dos boletos, onde se celebrará outro sorteo entre as compras rexistradas coas tarxetas de fidelización do Club de Clientes do Comercio do Morrazo nos comercios que teñan activo o sistema de fidelización.

De forma paralela, esta campaña de dinamización estará respaldada por unha campaña de difusión e sensibilización en medios e redes sociais que inclúe: variada cartelería, presenza outdoor nos MUPIS de todas as vilas, presenza en redes sociais, lanzamento dunha peza audiovisual para a súa difusión en medios dixitais e presentación e información a prensa.

O obxectivo principal desta completa campaña é dinamizar as vendas entre os clientes do comercio local da zona, así como conciencialos da importancia de consumir en local aportándolles beneficios e sensibilizalos co afecto e cercanía do pequeno comercio, o seu comercio de toda a vida.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement