O Goberno de Vigo aproba humanizacións por un importe superior aos 10,5 millóns de euros


A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este xoves á adxudicación da contratación de varias obras que supoñen, en palabras do rexedor, unha “mobilización de investimento extraordinaria”. Destacou a mellora de 21 vías da cidade por máis dun millón de euros e a reforma do paseo marítimo de Bouzas por case 4 millóns de euros.

O alcalde puxo en valor o investimento municipal nestes traballos engadindo que “se lle aplicamos o multiplicador da actividade económica, significa que nesta actuación estamos mobilizando máis de 40 millóns de euros. Esta é a mobilización da economía”.

Quedou aprobada a proposta de adxudicación da contratación das obras de humanización de Julia Minguillón e Vista Alegre por un importe de 1.070.000 euros e a proposta das obras de mellora de firmes en 21 vías da cidade cun importe total de 1.020.000 euros, cofinanciado coa Diputación de Pontevedra e que se dividiu en tres lotes: Vigo Norte: 328.000 euros, e Vigo leste: 348.000 euros e Vigo sur: 343.000 euros. Os traballos comezarán a mediados do mes de maio nas rúas Sarabio, en Lavadores, por 29.925 euros; Camiño Noiana, en Lavadores, por 42.000 euros; rúa Penís de Abaixo, en Cabral, por 111.000 euros; rúa Aguadiña, en Sampaio, por 30.000 euros; a rúa Areeiro, tamén en Sampaio, por 93.000 euros; rúa Vista do Mar, en San Xoán, por 109.000 euros; rúa Coutadas, na Salgueira, por 44.000 euros; rúa Abade Juan de Bastos, en Matamá, por 51.000 euros; Subida as Relfas, en Sárdoma, por 30.000 euros; na Estrada Fragosiño, en Sárdoma, por 71.000 euros; rúa Relfas, en Beade, por 47.000 euros; rúa Eifonso, en Bembrive, con 85.000 euros; rúa Costa da Gándara, en Beade, por 61.000 euros; rúa Pouleira, en Beade, con 54.000 euros; Estrada Foxo, en Valladares, con 71.000 euros; Camiño Quinta, en Valladares, por 37.000 euros; Camiño Pinal, en Valladares, por 62.000 euros; Camiño Simona, en Valladares, por 114.000 euros; rúa Viña Grande, en Alcabre, por 37.000 euros; Camiño Pomba, en Valladares, por 28.000 euros; e Estrada Zidáns, en Zamáns, por 95.000 euros.

O rexedor informou tamén da contratación dunha “obra colosal e unha das obras históricas na cidade”: a rexeneración do paseo do frente marítimo de Bouzas por case 3.759.000 euros así como a humanización de Alcalde Gregorio Espino, fase 4 por 1.600.000 euros; a humanización rúa Colombia, fase 2 por 750.000 euros, Camiño do Laranxo- Valladares: 136.000 euros, Camiño da Brea (Beade): 227.000 euros, rúa Costa da Gándara (Beade): 162.000 euros, rúa Penís de abaixo (Cabral): 79.000 euros, Praza da Feira (Cabral): 152.000 euros, rúa Subride (Lavadores): 153.000 euros, rúa Foxos (Teis): 56.000 euros, rúa Rosal Florido (Lavadores): 62.000 euros, rúa Areeiro (Lavadores): 154.000 euros, estrada do Freixo (Valladares): 274.000 euros, rúa Rosal (Coia): 385.000 euros, rúa Valladolid (Calvario): 378.000 euros e rúa Marín: 163.000 euros.