Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Novo récord do mundo do atleta galego José Vicente Rioseco

Novamente José Vicente Rioseco acadaba esta mesma mañá nas pistas do  ¨INEF¨ de Bastiagueiro un novo récord do mundo da categoría M80 sobre os 800 m. logo de invertrir un rexistro de 2:41.59 e rebaixar a actual plusmarca en máis sete segundos que estaba en posesión do canadiense Earl Fee con 2.48.95 efectuados en Toronto no ano 2009.O multiplusmarquista mundial tiña ademáis un dobre motivo para a celebración xa que no día de hoxe cumplía 80 anos estreando categoría.

Con este importante rexistro, o atleta ferrolá nas ringleiras do Atletismo Narón suma o seu cuarto récord mundial que engade aos logrados na categoría M75 sobre os 2.000 m. obstáculos con 8.29.26 (2019);  o dos 1.500 m. con 5:11.27 (2018) e o dos 800 m. con 2:30.59 (2016), ademáis dos catro récords de España tanto en aire libre como na pista cuberta.

De igual modo lembramos que a RFEA nomeabao no 2019, xunto a tamén máster Rosa María Escribano, mellor atleta máster español do ano.

Ligazón da retransmisión en directo da carreira (a partires minuto 18)



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement