Luces verdes para conmemorar el "Día de la Meningitis"
A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o seu Pazo Provincial desde a noite deste venres ata o próximo luns, ao abeiro da conmemoración do Día da Meninxite, que terá lugar este sábado 24 de abril. Deste xeito, a institución súmase ás reivindicacións de AEM, organización que representa ás persoas que sofren esta doenza e as súas familias.
A través desta iniciativa preténdese dar visibilidade a esta patoloxía infecciosa que caracterízase por cursar cunha inflamación aguda das membranas que rodean o sistema nervioso central. A cor verde que tinguirá o Pazo provincial durante a fin de semana identifica a doenza como mostra de apoio ás persoas afectadas e as súas familias, amais de ser un reclamo en tempos de pandemia, onde tantas doenzas quedan relegadas a un segundo plano.
A meninxite, que no 80% dos casos é causada por un virus, trátase dunha afección pouco frecuente pero potencialmente letal, que lesiona o cerebro ou outros órganos. Dada a rapidez coa que progresa esta doenza, faise necesario un diagnóstico e un tratamento temperá para evitar as súas graves secuelas e ata a morte.

Publicar un comentario