Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Oposición pide al Gobierno de Deputación que busque alternativas "menos faraónicas y agresivas" para el Museo

O PP pide á Deputación que explore novas alternativas para o Museo de Pontevedra, menos faraónicas e agresivas co centro histórico

Pepa Pardo pregunta “que sentido ten seguir adiante cun proxecto que ninguén quere, en lugar de escoitar á cidade e abrirse á posibilidade de analizar novas opcións”.

O grupo provincial do Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que explore novas alternativas para poñer en valor e recuperar os edificios centrais do Museo de Pontevedra, un novo proxecto “menos faraónico e agresivo coa contorna”, defende a deputada Pepa Pardo.

“Un proxecto alternativo, respectuoso, menos custoso e que poña en valor o Museo de Pontevedra é totalmente posible”, defende a popular, para quen a proposta da reforma subterránea dos emblemáticos edificios do Museo que propoñen Deputación e Concello “é desproporcionada, excesivamente custosa en tempos de pandemia e un capricho do Vicepresidente que, ademais, vai comprometer todo o centro histórico da cidade”.

Pardo pide que escoiten á cidade. “Hai un rexeitamento frontal a este proxecto subterráneo. Arquitectos de recoñecido prestixio, técnicos, comerciantes, veciños... todos din non a este proxecto e están reclamando que a Deputación estude outras opcións”. Recorda que estes colectivos xa teñen recollidas máis de 1.000 firmas, “unha mostra clara e contundente de que Pontevedra non quere este proxecto”. Neste senso, pregunta “que sentido ten seguir adiante cun proxecto que ninguén quere, en lugar de escoitar á cidade e abrirse á posibilidade de analizar novas alternativas”.

Precisamente, isto é o que reclaman os populares. “Queremos que estuden outras vías. Non hai necesidade de apostar por obras faraónicas e agresivas coa contorna, cando de seguro que hai moitas outras posibilidades para poñer en valor os edificios centrais do Museo de Pontevedra”. Por iso, apoian as reivindicacións que están facendo desde diferentes colectivos e mesmo desde o Colexio de Arquitectos de Pontevedra e presentarán no pleno ordinario deste mes na Deputación de Pontevedra unha moción para reclamar que estude e valore un proxecto alternativo e “que de unha vez por todas dean unha solución aos tres edificios que constitúen o corazón do Museo de Pontevedra, que se pecharon en 2014 para reformar e que este Goberno provincial deixou caer no esquecemento”.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement