Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La avispilla del castaño lo tiene cada vez más complicado en Galicia con el parásito de la Xunta encima

A Consellería do Medio Rural vén de iniciar a solta de 1,6 millóns de individuos do parasito Torymus Sinensis para consolidar a súa loita contra a avespiña do castiñeiro. A Xunta investirá máis de 2,2 millóns de euros en 2021 para combater a praga con este método natural.

En concreto, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal comezou estes días a realizar as primeiras soltas nas comarcas da Coruña e Pontevedra, onde as condicións meteorolóxicas permitiron que os castiñeiros xa brotasen. Nas vindeiras semanas, os traballos acadarán tamén as provincias de Lugo e Ourense. 


Nesa liña, cómpre sinalar que o momento da solta depende de cando comezan a medrar as follas dos castiñeiros e, por tanto, as bugallas. Así, cando hai un número suficientes de bugallas nun souto procédese á solta dos parasitos. Cabe destacar que o número de Torymus sinensis a soltar depende da superficie de soutos e plantacións de castiñeiro existentes, co obxectivo de que o parasito comece de forma natural a súa expansión e protexa así estes enclaves naturais.


Para levar a cabo os traballos, Medio Rural volve contar este ano coa colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e de distintas cooperativas e asociacións relacionadas co manexo dos soutos e a produción de castañas, que facilitan os datos do momento en que brotan as follas dos seus soutos para optimizar as soltas dos parasitos.


Cabe lembrar que a produción de castaña en Galicia, sobre todo en zonas de alta montaña, estímase en 20 millóns de quilos, o que supón preto duns 50 millóns de euros unha vez comercializado o produto. De aí a importancia de seguir apostando por un método capaz de frear o avance e diminuír os danos que ocasiona a praga da avespiña nos castiñeiros.


Efectividade do sistema


Dende o ano 2015, cando se comezou con este sistema natural, liberáronse un total de 4,1 millóns de individuos do parasito Torymus Sinensis por toda a xeografía galega, o que supuxo un investimento da Xunta de máis de 5,8 millóns de euros. Arestora trátase do único método existente para loitar contra este organismo e o resultado das soltas amosa a efectividade da medida, que está sendo un referente noutras comunidades autónomas e, incluso, noutros países.


Neste senso, cabe sinalar que, na campaña 2019/2020, as parasitacións obtidas acadaron de media un 3% nas zonas de maior superficie de castiñeiros e, polo tanto, de produción de castañas (zonas de soutos do interior de Lugo e de Ourense), o que garantiu o establecemento de poboacións estables do parasito. Con todo, nalgúns dos puntos analizados a parasitación chegou ao 20% e, puntualmente, ao  44%. Tendo en conta estas cifras do asentamento do Torymus, constátase que a Xunta comeza a gañar a batalla contra a avespiña do castiñeiro a través da loita biolóxica.


Traballos a ter en conta nos soutos

Para asegurar a supervivencia dos parasitos soltados do Torymus sinensis, e que se poida asentar a súa poboación, é moi importante ter en conta algunha recomendación á hora de realizar os traballos nos castiñeiros. Neste senso, non se deben empregar insecticidas para a erradicación da avespiña porque, aínda que non entra na bugalla, si pode afectar aos parasitos naturais da avespa do castiñeiro e mesmo ao propio Torymus. Tampouco se deben eliminar nunca as bugallas secas, porque é onde permanece o parasito ata a súa emerxencia na seguinte primavera. Finalmente, é preciso evitar as rozas preto dos castiñeiros na primavera, xa que os Torymus aliméntanse do néctar das flores do souto, mentres se aparean e poñen os ovos nas bugallas frescas.


Pola contra, pódense podar os castiñeiros pero non queimar ou eliminar os residuos, xa que o Torymus pode vivir dous anos dentro das bugallas secas, antes de emerxer para parasitar bugallas frescas. Ademais, recoméndase regar durante o verán para prolongar o período de crecemento de gromos novos -así estes quedan fóra do período de posta da avespa- así como fertilizar para incrementar o vigor das árbores e que poidan resistir mellor o ataque da praga.


En las imágenes, parásitos lanzados por la Xunta, en acción...



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement