Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La AECT Rio Minho exige a la Xunta que no intente reventar la apertura de la frontera con Portugal


Lonxe de solucionarse a situación na fronteira entre Galiza e Portugal xorden novos contratempos. Unha vez os gobernos portugués e español dedicidon levantar o peche na raia a partir de mañá sábado, xorde agora un novo axente -a Xunta- que interpreta que por mor do peche perimetral decretado polo goberno galego e pese a levantarse os controis estatais, únicamente poderán desprazarse entre a comunidade e o país luso as persoas que teñen causas xustificadas.

Esta situación vén de xerar un profundo malestar no Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño, que da man do seu vicedirector Uxío Benítez, pediu á Xunta que non continúe marxinando ao territorio miñoto logo de tres meses coa fronteira pechada. “Isto son máis paus nas rodas”, lamentouse.

Segundo Benítez, a Xunta de Galicia non ten competencias nin poder de decisión sobre as fronteiras exteriores, como é a do Miño, polo que non pode impoñer ordes sobre a mobilidade argumentando o seu peche perimentral autonómico. Insiste en que únicamente o pode facer o Goberno central. “Se iso fose así estaríamos ante a paradoxa dun territorio con dúas fronteiras simultáneas, unha autonómica e outra estatal”, salientou.

Como exemplo claro de que a interpretación do vicepresidente Alfonso Rueda de manter o peche perimetral autonómico é un erro, Benítez menciona o que acontece na fronteira España-Francia. Alí, relata, a cidadanía pode cruzar libremente entre os dous países presentando unha PCR negativa, sen ningunha xustificación mais que a vontade de pasar por ocio, pero non pode facelo dunha comunidade autonómica lindeira a outra salvo por cuestións laborais ou de forza maior debidamente acreditadas.

Para o vicedirector do AECT Río Miño, logo das últimas decisións dos gobernos portugués e español calquera persoa pódese mover tamén pola fronteira do Miño: “Non só os traballadores, senón tamén as persoas que desenvolven a súa vida cotiá ou queren acceder a todo o comercio transfronteirizo”, dixo.

Benitez quixo poñer de manifesto a súa sorpresa polo cambio de interpretación do goberno galego, xa que a primeira hora de hoxe o director xeral de Relacións Exteriores do goberno galego, Jesús Gamallo, corroboraba directamente ao vicedirector que o peche perimetral quedaba sen efecto. “Pediamos esta mañá unha aclaración pública, pero atopámonos agora cun cambio de opinión. Non entendemos que foi o que cambiou na visión da Xunta porque están xerando moita confusión e enfado entre a veciñanza e as persoas afectadas”, finalizou.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement