Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Incorporación de empresas a los viveros de Barro y Lalín

Os viveiros de empresas de Barro e Lalín seguen a medrar coa incorporación de sete novas firmas aos seus espazos grazas á sinatura nas últimas horas dos acordos de cesión entre a Deputación de Pontevedra e as persoas responsables destas compañías. Estes contratos teñen unha duración inicial dun ano pero poden ser prorrogados ata tres anos, unha práctica moi habitual entre as e os viveiristas.

Ás instalacións de Barro chegan GM Solutions, unha consultoría de asesoramento de empresas e familias, Hidromel Fenrir Galicia, que se dedica á elaboración de produtos alimentarios artesanais, VIPEONREISEN, que enfoca o seu traballo cara a distribución de pensos e suplementos de mascotas, e CDM Showroom, que desenvolve a súa labor no comercio ao por maior e por menor de toda clase de produtos téxtiles de confección, calzado e artigos de coiro. Tamén estarán presentes no viveiro de Barro Distribuciones Fandimat, que traballa co comercio ao por maior de materiais de construción, e Celquisan Global, de comercio ao por maior de produtos de hixiene e protección. Pola súa banda, ás instalacións do Viveiro de Lalín chegará Martin Wolfswinkel, dedicado á representación de empresas de téxtil e á venda de produtos de confección.

Con estas novas incorporacións o viviero de empresas de Barro conta xa cunha ocupación do 100% en todas as súas naves e dun 67% nas oficinas, quedando dispoñibles oito destes espazos así como tres zonas de coworking. Ademais, nos últimos días unha nova empresa fixo unha petición para ocupar unha destas naves polo que a súa solicitude atópase en lista de agarda ao estar completos estes espazos. As empresas instaladas neste polígono dedícanse a múltiples actividades como alimentación, servizos culturais, saúde e benestar, decoración, lecer, téxtil ou consultoría.

Pola súa banda, o viveiro de Lalín ten ocupadas o 67% das súas naves e o 100% das súas oficinas, tendo deste xeito dispoñibles tan só unha nave e un espazo coworking. Na seguinte Comisión de Selección dos viveiros analizarase unha solicitude para a ocupación da nave dispoñible en Lalín polo que a súa ocupación acadaría o 100%. Neste viveiro lévanse a cabo cada día traballos relacionados coa fabricación e comercialización de aeronaves ultralixeiras, servizos de importación para terceiros, asesoramento veterinario, maquinaria industrial, formación e sector textil.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement