Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia llevará la Ley de Cambio Climático al Constitucional si se aprueba tal y como Teresa Ribera pretende



A Xunta lembra que hai dous informes da Asesoría Xurídica da Xunta e do Consello Consultivo de Galicia que ven inconstitucional o anteproxecto de lei promovido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica pola redacción dos artigos 18.3 e 18.4.
A conselleira do Mar pide aos deputados galegos que teñan en conta estes ditames e actúen con sentido común votando en contra dunha normativa que atenta contra o futuro do complexo mar-industria de Galicia.
O Executivo galego incide en que esta norma aplica un efecto retroactivo nas concesións e nas prórrogas das instalacións en dominio público marítimo-terrestre polo que xera inseguridade xurídica e retrae os investimentos.
Galicia seguirá traballando da man do sector co obxectivo de garantir a continuidade de máis dun cento de industrias asentadas no litoral que están en risco así como doutras 5.000 edificacións.


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou hoxe que a Xunta recorrerá ante o Tribunal Constitucional o anteproxecto de Lei de cambio climático impulsado polo Goberno central se mañá é aprobado polo Congreso dos Deputados sen modificar a súa redacción actual. A titular de Mar lembrou que hai dous informes -da Asesoría Xurídica da Xunta e do Consello Consultivo de Galicia- que consideran inconstitucional a normativa promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico pola redacción actual dos artigos 18.3 e 18.4, que pon en risco o futuro do complexo mar-industria de Galicia.


A representante do Executivo galego incidiu en que eses puntos da normativa aplican un efecto retroactivo que afectaría tanto aos prazos de duración das concesións como das prórrogas outorgadas ás instalacións asentadas en terreos de dominio público marítimo-terrestre, o que xera inseguridade xurídica no sector e retrae a realización de investimentos.


Ante esta situación, a conselleira do Mar apelou ao sentido común dos deputados galegos que votarán a lei no Congreso para que teñan en conta os dous informes que xustifican a inconstitucionalidade da normativa e se sintan libres de opoñerse a ela co obxectivo de defender un sector tan importante para Galicia como é o marítimo-pesqueiro e que sexa modificado ese artigo 18. 


Rosa Quintana reprobou tamén a actuación do Goberno central por querer reformar a lexislación en materia de Costas pola porta de atrás, a través da Lei de cambio climático. “Se se quere facer unha modificación da Lei de costas, poñámonos a traballar nela pero non introduzamos cambios noutra lei, que nada ten que ver, xerando inseguridade xurídica a industrias que están a traballar perfectamente na nosa costa”, aseverou a titular de Mar.


Ao mesmo tempo lamentou que Galicia leva dous anos advertindo de que esta lei é prexudicial para o complexo mar-industria de Galicia así como que o Executivo galego participou en todas as mesas de traballo ás que foi convocado e presentou os informes e as alegacións correspondentes co obxectivo de paliar os efectos negativos desta normativa. Non obstante, engadiu, as súas aportacións non foron atendidas polo Goberno central ao igual que tampouco escoitou ao sector afectado. 


A representante do Executivo galego destacou ademais que as empresas asentadas no litoral de Galicia superan todas as inspeccións tanto en materia de medio ambiente como técnico-sanitarias e que a calidade das augas ten mellorado moito nos últimos anos, polo que non ten sentido poñer atrancos ao desenvolvemento da actividade de produción e transformación de produtos do mar nas vilas costeiras de Galicia. “Non coñecen a realidade de Galicia e por iso os convido a visitarnos pois a propia Unión Europea recoñece que estamos a facer as cousas ben”, asegurou Rosa Quintana. 


A representante da Xunta incidiu en que Galicia seguirá traballando da man do complexo mar-industria da comunidade co obxectivo de darlle seguridade xurídica e garantir a continuidade das máis dun cento de industrias asentadas no litoral que están en risco así como o futuro doutras 5.000 edificacións (entre as que se atopan colexios e centros de saúde) situadas en terreos de dominio público marítimo-terrestre. 


La Xunta lleva meses topándose con la intransigencia de la Ministra Teresa Ribera. (Foto : La Moncloa)

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement