Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Fronteras) AECT Río Miño pide socorro a la Unión Europea colgando impactante pancarta en el puente internacional

O vicedirector Uxío Benítez insta aos gobernos a adoptar medidas concretas para compensar ao territorio miñoto polo peche

O AECT RIO MIÑO PIDE QUE O FIN DO ESTADO DE EMERXENCIA EN PORTUGAL CONLEVE A APERTURA DAS FRONTEIRAS

“Levamos tres meses nunha ruína por unha decisión política equivocada”



O AECT Río Miño, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, pediu hoxe aos gobernos español e portugués que a decisión de poñer fin ao estado de emerxencia portugués conleve a apertura das fronteiras de maneira inmediata.

Segundo apuntou Benítez, para o territorio transfronteirizo do Río Miño a decisión e o anuncio que debe facer o Estado Portugués non é tanto relativa ao estado de emerxencia en vigor dende o 9 de novembro, senón sobre a apertura formal das fronteiras, xa que o peche vai cumplir tres meses nos vindeiros días. “Non tería ningún sentido que se anuncie a non renovación do Estado de Emerxencia e non leve parella a apertura”, subliñou.

Ademais, o vicedirector destacou que o AECT, a estas alturas, non vai celebrar o feito de abrir a fronteira en si mesmo, toda vez que “entendemos que levamos tres meses nunha ruína por unha decisión política equivocada que está a xerar un prexuízo económico”. De feito, o nacionalista esixiu aos gobernos o anuncio de medidas concretas para compensar aos territorios como o do Miño que sufriron un grave deterioro económico por duplicado, tanto pola pandemia en si, como polo feito de estar nunha ubicación transfronteiriza.

Ademais de pedir públicamente a apertura da fronteira Benítez deu a coñecer que o AECT, co fin de chamar a atención de todas as institucións, instalou unha gran pancarta reivindicativa na Ponte da Amizade entre Tomiño e Cerveira na que se pode ler ‘EU Help. Open de borther’, en relación á necesaria chegada de fondos europeos para reactivar a economía da zona.

O estudo do impacto socioeconómico encargado polo AECT Rio Miño á Universidade de Vigo sobre o primeiro confinamento e o peche da fronteira entre Pontevedra e Portugal revelou que se producirá unha caída do Produto Interior Bruto de máis de oitenta millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño só nese periodo. A caída derivada do efecto fronteira no comercio foi dun 14,18% sobre o efecto do confinamento, e na hostalaría e restauración foi dun 16,53%. Os expertos, que xa están a traballar cos datos do peche de 2021, sinalan que o efecto e a baixada do PIB será moito maior neste exercicio.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement