Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Frontal ataque de López Font a la Xunta : "vergoñentas prácticas caciquís, comportamento decimonónico e mesmo delictivo"

Carlos Font: “Asinan convenios a dedo cos concellos gobernados polo PP, marxinando aos demais; practican o furtivismo administrativo, algo propio das repúblicas bananeiras”


“O Partido Popular vén de bater a súa plusmarca de clientelismo institucional na última convocatoria da Consellería de Medio Ambiente: volveu abrir unha subvención non competitiva ás 12 da noite e esgotou a partida en só 9 minutos e 43 segundos”


César Mosquera: “Meten á Deputación nun lío porque mentres aquí tratamos aos concellos por igual, os/as alcaldes/as do PP conseguen cousas da Xunta vedadas aos demais”

 

"As prácticas partidistas e caciquís da Xunta de Galicia no financiamento aos concellos da provincia de Pontevedra" foron obxecto de debate na Deputación. O Pleno aprobou cos votos do Goberno provincial (PSdeG-PSOE e BNG) unha moción pola que solicita "a creación dun Plan de Dotacións e Equipamentos públicos transparente, dotado con suficiencia, e no que os cartos se repartan anualmente con criterios obxectivos e transparentes". "A gota que colmou o vaso foi a cadea de convenios “a dedo” que o Goberno galego está asinando con concellos gobernados polo PP e a recente e escandalosa convocatoria por parte da Consellería de Medio Ambiente, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para infraestruturas municipais. A convocatoria abriuse ás 12 da noite e o crédito existente esgotouse en tan só 9 minutos e 43 segundos", refere o deputado voceiro do grupo socialista, Carlos Font, que cualificou como “nova plusmarca de clientelismo institucional da Xunta”. 


Carlos Font recalcou que a Deputación é unha referencia en igualdade, mobilidade, tratamento dos residuos, recuperación do medio ambiente, turismo, apoio á nova economía e, sobre  todo, no financiamento regrado aos concellos, tratando a todos con equidade e transferíndolles os fondos necesarios para que, dende a autonomía local, sexan eles os que decidan e prioricen as obras. “E mentres a Deputación esfórzase por financiar ao municipalismo con equidade, o que está a facer a Xunta non ten nome, é dramático”, lamentou. Font engadiu que nos últimos meses asistimos a unha “catarata partidista de convenios, exclusivamente cos concellos gobernados polo PP”. Referiuse á "reforma integral dos colexios de Lalín, A Estrada e Portonovo (Sanxenxo), ao Centro Integral de Saúde de Lalín (que se suma ao da Estrada), ás millonarias obras de saneamento e abastecemento en Marín, Cerdedo-Cotobade, así como partidas para A Estrada, Mos e Campo Lameiro; aos investimentos  de Portos de Galicia en Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Valga e Pontecesures; ás obras de urbanización en Marín e Mos; á preferencia de Vilanova de Arousa, Marín, Cerdedo-Cotobade e Mos para construír sendas peonís en estradas autonómicas; ao viveiro de empresas de Dozón; á residencia de maiores de Cerdedo-Cotobade; á construción de vivenda protexida só en Cerdedo-Cotobade, á construción de instalacións termais só en Cerdedo-Cotobade; á restauración de igrexas en Oia, Marín e Mos e á reforma integral do campo de fútbol de Lalín". “Poderiamos estar aquí ata mañá, pero o resumo de todo isto é que asinan convenios a dedo cos concellos do PP mentres marxinan aos demais, que teñen proxectos equivalentes e aspiran lexitimamente ás mesmas obras, e cando as reclaman só atopan polémica e confrontación. A Xunta practica o furtivismo administrativo, algo propio das repúblicas bananeiras”, denunciou Font.


“Comportamento decimonónico e mesmo delictivo”


Font amosouse escandalizado pola última convocatoria da Consellería de Medio Ambiente para construción de Infraestruturas por parte da Consellería de Medio Ambiente para concellos de menos de 20.000 habitantes. "A convocatoria abriuse ás 12 da noite e resolveuse, ao esgotarse o crédito (que era de só de 2,3 millóns de euros para toda Galicia) en tan só 9 minutos e 43 segundos. A resolución para dar a coñecer o esgotamento do crédito (non así a relación de concellos beneficiarios) foi publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado mércores", refere Carlos Font e "recalca que o feito de que Xunta reparta cartos públicos con subvencións non competitivas, utilizando como único criterio a orde de entrada", “invitando aos concellos a poñerse a unha cola de beneficencia, é un comportamento decimonónico e mesmo delictivo”. “Iso chámase caciquismo, unha forma intolerable de entender a Administración pública”. “E eu me pregunto, ¿sería que os concellos do PP xa sabían que esa subvención ía convocarse e que o prazo se abría dun día para outro ás 12 da noite e, por tanto, xa tiñan preparadas as peticións de acordo coas bases?”.


O vicepresidente César Mosquera, voceiro do BNG, acusou ao Partido Popular de “meter á Deputación nun lío, porque mentres aquí tratamos a tódolos concellos por igual, os alcaldes e alcaldesas do PP conseguen cousas da Xunta que están vedadas aos demais; privilexios arbitrarios e escandalosos que non son de recibo”. “Hai tensións e os alcaldes e alcaldesas que se queixan teñen razón”, remarcou.


A Deputación, recalcou Carlos Font, esíxelle ao presidente Feijoo e ao vicepresidente Rueda, “que ademais é presidente do PP na provincia”, "que respecten a Democracia, porque a Democracia non existe sen transparencia, sen criterios obxectivos e sen reparto equitativo dos  recursos públicos entre tódolos veciños e veciñas da provincia, residan no concello onde residan". Por todo elo, o Goberno provincial aprobou “instar á Presidencia da Xunta a convocar un Plan de Dotacións e Equipamentos municipais que articule, con criterios obxectivos, tódalas actuacións que se fagan nos concellos de Galicia e acabe coa discrecionalidade e o partidismo actuais nas obras que a Administración autonómica executa ou subvenciona nos concellos”. 



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement