En portada / Na capa_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

Contracapa / Contraportada_$type=grid$count=3$m=0$sn=0$rm=0$show=home

"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

"Escola María Vinyals") As mulleres da Administración Pública na implementación da Axenda 2030

A primeira sesión desta dobre   xornada, organizada pola Deputación e a USC, reuniu a mulleres referentes na xestión pública no eido sanitar...

A primeira sesión desta dobre  xornada, organizada pola Deputación e a USC, reuniu a mulleres referentes na xestión pública no eido sanitario, na investigación e na educación 

A “IMPRESCIDIBLE” VOZ DAS MULLERES DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA NA IMPLEMENTACIÓN DA AXENDA 2030 CENTRA A XORNADA DA ESCOLA MARÍA VINYALS 


“Se queremos un mundo mellor e dar cumprimento aos ODS que plantexa a ONU, que serán a  salvagarda da humanidade, as mulleres temos que estar propoñendo, demandando, actuando e esixindo dende unha mirada propia”. Con esta declaración de intencións, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto a María Cadaval, Directora da Cátedra Iberoamericana da USC, e María Xosé Rodriguez Galdo, abriu este xoves a xornada da Escola de Igualdade María Vinyals sobre o papel das mulleres da administración pública no liderado da Axenda 2030. A sesión, que  terá unha segunda parte o vindeiro xoves, desenvolveuse de forma semipresencial e on line desde o Salón de Plenos da Deputación cun auditorio virtual de máis de 300 persoas. Esta dobre xornada está organizada en colaboración coa Universidade de Santiago, e conta cunha vintena de expertas moi recoñecidas para reflexionar sobre a necesidade da voz das mulleres na consecución dos ODS dende a xestión pública en eidos como o socio-sanitario, a investigación, a educación pública, o liderado institucional, o urbanismo sostible e o mundo local.


Carmela Silva cualificou de “fundamental” que no marco da Escola María Vinayls, “que naceu como espazo de debate, creación de redes, de empoderamento, e visibilidade cara á igualdade, faláramos da administración pública e coa mirada da Axenda 2030”. A presidenta exemplificou o talento, a capacidade e a preparación “da metade da poboación” coas poñentes da Xornada. “Teñen moito que aportar, son expertas, son o coñecemento e contan con ideas claras para que estes ODS sexan algo máis que un papel marabilloso sobre o que falar”. Carmela Silva reivindicou que “estamos comprometidas coa Axenda 2030 e queremos estar presentes e dicir como hai que desenvolvela.2030 é mañá –advertiu- e moitos dos obxectivos non se van conseguir se partimos dos últimos datos que afirman que son necesarios aínda outros 100 anos para acadar a igualdade”. Neste contexto, Carmela Silva reclamou que “a administración pública ten que ter como obxectivo prioritario a loita polo ben común e non hai ben común se as mulleres estamos excluídas. Somos maioría, porque aprobamos maioritariamente as oposicións, pero nas direccións a presenza de mulleres é  minoritaria”. Tamén enxalzou o diferente modo de xestión das mulleres ao fronte das administracións, “abrindo as institucións ao coñecemento, á sociedade, á intelixencia que existe fóra dos despachos”, e destacou que cando unha muller ocupa postos de dirección fai que con ela “cheguen todas as mulleres”. 


A directora da Cátedra da USC, María Cadaval, subliñou que a administración pública “non se pode permitir o luxo de perder a metade do talento” que aportan as mulleres, e lembrou que aínda que as estatísticas din que son maioría nos postos de traballo, “a realidade é que teñen  presenza cativa nos niveis máis altos, nos que se toman as decisións, porque o mérito e a capacidade quedan acotados con teitos de cristal que moitas veces custa romper incluso máis que noutro tipo de actividades”.  Pola súa banda, a directora da Xornada, María Xosé Rodríguez Galdo, destacou  a “participación continua das mulleres na historia, con papeis decisivos” no eido do desenvolvemento sostible, e a necesidade de “visibilizar que sempre estivo aí, e visibilizalo hoxe”. Engadiu que “tralo “mazazo” da Covid, que ten cuestionado todo, é imprescindible  impulsar o rol das mulleres nos cambios para o futuro”


Sanidade, Educación, Ciencia e Investigación


Na mesa sobre “O papel das mulleres no liderado dos servizos sociosanitarios”, reflexionouse sobre os obstáculos aos que enfrontan as mulleres e a escasa presenza nos medios pese a ser as impulsoras, por exemplo, das vacinas para facer fronte á covid. A catedrática de Inmunoloxía, África González, a CEO de Nanogap, Tatiana López, e a xefa de Pediatría do Álvaro Cunqueiro, Ana Concheiro, destacaron que cada vez son máis as mulleres que ocupan espazos pero poucas as que chegan á dirección (xefaturas de servizo, xerencias de hospitais, xefas de sección, etc). Citaron a falsa inseguridade das mulleres para asumir liderados; a preferencia do contacto coas persoas pacientes en detrimento da xestión; e as dificultades para conciliar postos de responsabilidade coa familia. Por elo, subliñaron a importancia da educación fronte aos sesgos de xénero e a necesidade de visibilizar ás referentes científicas e impulsar cambios sociais e organizacionais para que as mulleres ocupen espazos de liderado e dirección. 


As conferenciantes destacaron tamén as dificultades ás que se enfrontaron as mulleres no confinamento, no que minimizaron a súa produción científica e sufriron situacións de estrés que impactaron no seu desenvolvemento profesional. Neste eido, fixeron fincapé na necesidade de analizar con perspectiva de xénero os efectos da pandemia nas mulleres e rachar coa invisibilidade nos medios de comunicación pese a ser expertas. “Precisamos mulleres que falen, que conten as súas experiencias. Hai que facer ese esforzo porque é o que están a ver as futuras xeracións” asegurou África González. Tatiana López subliñou que “hai que normalizar que detrás de algo exitoso poden estar mulleres coas características únicas que trae o seu liderado”, e Ana Concheiro engadiu que “hai moitas mulleres científicas, do ámbito sanitario, que teñen unha liña de traballo moi sólida e a mellor noticia é que poidan explicar os proxectos que lideran”.

A segunda das mesas redondas abordou “O papel das mulleres en prol da investigación e da educación pública de calidade” e nela puxéronse de relevo datos como que menos do 30% da investigación ten nome de muller, que só o 3% escollen carreiras TIC ou que só hai un 8% de reitoras a nivel nacional. Capitolina Diaz, catedrática de Socioloxía, destacou a aportación feminina ao campo da investigación, resumida en tres cuestións: “En primeiro lugar –dixo- pon unha mirada distinta e engade posibilidades de avance á ciencia. En segundo, nós miramos aos suxeitos femininos tamén como parte da investigación. E terceiro, vemos o impacto que os resultados poden ter nas mulleres e no benestar da sociedade en xeral”. Pola súa banda, Elena Rivo, profesora e codirectora da Cátedra de Empresa Familiar da UVigo, centrouse na toma de decisións nos órganos da universidade e das empresas e amosouse partidaria das cotas “porque son necesarias de momento.Nas empresas deberiamos impoñer a presencia nos gobernos corporativos de mulleres, igual que as listas electorais. Se non hai vontade, debería ser coercitivo,  porque é unha mágoa que se estea a perder o 50% do coñecemento”, apuntou. Elena Vázquez, profesora de Matemática Aplicada e decana da Facultade de Matemáticas da USC, fixo fincapé na necesidade de cambiar os programas educativos para atraer ás nenas ás carreiras STEM: “Estes programas están sendo un corsé que non dá sustento, senón que comprime ao profesorado e ao alumnado, en lugar de sementar a ciencia”, sinalou en referencia por exemplo a actual situación do Bacharelato. “Temos que cambiar as tensións porque hai que saber contidos pero acadar que o que saiban as empodere e faga gozar”.


Teresa Ribera e María Teresa Fernández de la Vega na sesión do próximo xoves


A xornada  “A Axenda 2030 e o papel das mulleres na administración pública do futuro” terá unha segunda parte que se celebrará o xoves 29 de abril e contará coa intervención da Vicepresidenta do Goberno de España e Ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, coa presidenta do Consello do Estado, María Teresa Fernández de la Vega, unha das referentes globais no compromiso coa igualdade e a axenda feminista, e coa avogada xeral do Estado, Consuelo Castro.


A sesión arrancará coa mesa “O liderado feminino na administración e o seu avance cara unha igualdade real”, coa Valedora do Pobo, María Dolores Fernández; Ana José Varela, primeira muller en ser nomeada Directora Financeira da OCDE; a presidenta da Asociación “Mujeres en el sector público”, Concepción Campos; e a titular da Asesoría Xurídica do Concello de Vigo, Margarita Parajó. A última mesa versará sobre  “Cidades sostibles: un reto para o liderado feminino no mundo local na procura de institucións sólidas” coa concelleira do Departamento de Territorio de Vitoria Gasteiz, Ana Oregi, a xornalista especialista en comunicación na administración local, Amalia López, e a directora da ORAL da Deputación, Inmaculada Viña. 



 

Comments

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,285,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,70,-FRONTERAS,96,-LA CULTURA,69,-LA EURORREGIÓN,266,-LA VIDA,250,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,90,-LAS PERSONAS,95,-LOS DEPORTES,264,-m,1,-MAIS PORTUGAL,115,-MÁS ESPAÑA,76,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,191,-PORTADA),469,-Y ADEMÁS...,267,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CLAVE INFORMATIVA,99,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,13,CUADERNO FINAL,81,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA,51,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,73,ESPAÑA,293,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,299,GALICIA,1122,GALICIA SUR,127,GRANDE REPORTAGEM,16,INTERNACIONAL,73,LA MIRILLA,60,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,509,Medios de Comunicación,10,OCIO,172,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,218,OPINION,123,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,23,PONTEVEDRA,188,PORTADA,39,PORTUGAL,570,PORTUGAL NORTE,67,PRIMER CUADERNO,86,PROVINCIA,614,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,43,RETRATOS,88,SPORTING DE BRAGA,180,TAUROMAQUIA,151,VIGO,282,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: "Escola María Vinyals") As mulleres da Administración Pública na implementación da Axenda 2030
"Escola María Vinyals") As mulleres da Administración Pública na implementación da Axenda 2030
https://1.bp.blogspot.com/-sq9-aXiCsD4/YIGM7dwBg1I/AAAAAAAA_hA/O0lql3cTzlsObSPIKU2sXOKvTG2jbkrYQCLcBGAsYHQ/w640-h390/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-04-22%2Ba%2Blas%2B15.44.25.png
https://1.bp.blogspot.com/-sq9-aXiCsD4/YIGM7dwBg1I/AAAAAAAA_hA/O0lql3cTzlsObSPIKU2sXOKvTG2jbkrYQCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h390/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-04-22%2Ba%2Blas%2B15.44.25.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/04/escola-maria-vinyals-as-mulleres-da.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/04/escola-maria-vinyals-as-mulleres-da.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content