Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ence, premiada pola súa contribución á mellora da seguridade laboral na área forestal

A área Forestal Norte de Ence foi recoñecida co Premio Escolástico Zaldívar 2804 á prevención, seguridade e saúde no traballo, grazas ao exitoso desenvolvemento, e posterior aplicación, da intelixencia artificial ás prácticas preventivas. Esta distinción supón un referendo do compromiso de Ence coa saúde e a seguridade das persoas, así como do empeño da compañía en avanzar no uso e aplicación das novas tecnoloxías para optimizar a xestión e execución de todos os seus procesos.

O recoñecemento “Escolástico Zaldívar”, impulsado por Fraternidade-Muprespa, recoñece ás empresas asociadas altamente comprometidas coa Prevención dos Riscos Laborais, e que demostran estar a executar actuacións que representan unha mellora na seguridade, saúde e benestar dos seus traballadores. O proxecto de Ence foi seleccionado na categoría “Sentimos a prevención”, destacando así as prácticas que abordan os retos preventivos do futuro e o uso de novas tecnoloxías aplicadas á mellora das condicións de traballo.

En detalle, o obxecto do proxecto hoxe premiado foi deseñar unha intelixencia artificial, un algoritmo informático, encamiñada a mellorar a seguridade e saúde das persoas nas operacións forestais. Este algoritmo é capaz de analizar en profundidade a correlación que existe entre distintas variables seleccionadas nas operacións forestais, e o risco de que ocorra un dano para as persoas nun accidente de traballo.

Mediante esta análise, a ferramenta proporciona  datos acerca da maior ou menor probabilidade de que poida materializarse un dano laboral para a seguridade e saúde das persoas, co fin de poder actuar con medidas preventivas ou  correctivas antes de que este dano ocorra, actuando así preventiva e proactivamente en función das predicións que diariamente facilita o algoritmo.

“Na actualidade, o noso algoritmo está nunha fase de optimización e aprendizaxe continuo, para seguir analizando máis variables que poidan impactar na operación e incorporalas ao noso modelo matemático”, explica Roberto  Manteiga, xerente de Seguridade e Saúde Laboral da área responsable do proxecto. “Aínda que estamos moi orgullosos dos resultados que se están obtendo na mellora da seguridade e saúde das persoas nas contornas de traballo forestal, en Ence estamos firmemente convencidos que podemos seguir innovando e mellorando estes resultados”, asegura. 

Ence, como compañía referente na xestión forestal sostible e responsable, é motor da seguridade e saúde no sector forestal nacional, creando e potenciando unha cultura preventiva e desenvolvendo accións innovadoras e de I+D+I focalizadas nas persoas, os seus comportamentos e as súas operacións, para crear contornas de traballos forestais máis saudables e seguros.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement