Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El socialista Font dice que "o Museo provincial está mellor dirixido políticamente que nunca"

Interesante nota de prensa la emitida por la Deputación de Pontevedra sobre el Pleno de la Corporación habido en el ente provincial, esta vez dirigido por el nacionalista Mosquera. Las reclamaciones hechas por la Oposición días atrás en relación a proyectos a desarrollar en el Museo provincial se quedarán en eso... predícame fraile que por uno me entra y por otro me sale... No hay más que leer la expresión del socialista López Font, recogida en el párrafo final de la nota de prensa que sigue : "o Museo está mellor dirixido políticamente que nunca"...

MOSQUERA ANUNCIA QUE NAS VINDEIRAS SEMANAS HABERÁ NOVIDADES “SUMAMENTE IMPORTANTES” PARA O FUTURO DO MUSEO

O vicepresidente afirma que se segue a traballar “na definición dun proxecto axustado ás necesidades” porque a solución da conexión soterrada para os edificios centrais “funciona” e “é fantástica”


NOTA DE PRENSA DE DEPUTACIÓN : 

“Pronto haberá novidades sumamente importantes, interesantes, e trascendentes para o futuro do Museo”. Así o afirmou hoxe o vicepresidente César Mosquera no Pleno da Deputación, tralo que puntualizou que os movementos para dar un novo pulo se coñecerán en apenas semanas.

Mosquera aproveitou a moción na que o PP solicitou un estudo de alternativas viables para os edificios centrais para explicar de maneira didáctica a situación actual dos inmobles e as perspectivas de futuro. En primeiro lugar, o vicepresidente destacou que os inmobles máis antigos do Museo xa están conectados na actualidade de maneira ilegal e que a súa rehabilitación para legalizar e mellorar o seu estado necesitaba, si ou si, dunha modificación puntual do Peprica.

Por outra parte, lembrou que no ano 2014 cando se retiraron as pezas das coleccións das instalacions debíase a que estas “amenazaban ruína” e non se podía garantir a seguridade. Entre outras cousas explicou que algunhas vigas de madeira que soportan a estrutura pasaron de 25 centímetros a apenas 5 polo caruncho.

Dende aquel ano, proseguíu Mosquera, tanto as deputadas Ana Isabel Vázquez como Xosé Leal estudaron como facer a rehabilitación sen atopar solución. “Non o deron sacado adiante” nin arquitectos como García Brañas nin Santiago Pesquera, aclarou o nacionalista, que recoñeceu que cando chegou ao actual cargo no Museo púxose mans á obra cos seus coñecementos de urbanismo e o asesoramento de xuristas e persoal técnico. O resultado foi que a rehabilitación debía pasar por unha conexión soterrada. A partir de aí, consultouse a posibilidade de cofinanciamento coa Xunta, iniciáronse as tramitacións para modificar o Peprica, e a día de hoxe séguese a traballar na definición dun proxecto “axustado ás necesidades”.

“A solución, o plantexamento funciona e é fantástico, como o do CITA en Santa María. O tema está enfocado, hai unha vía aberta e hai trámites feitos, pero é un asunto moi complexo”, insistiu Mosquera, que aproveitou para reivindicar que o actual Goberno da Deputación considera o Museo como un dos seus principais axentes ao outorgarlle “o maior orzamento da súa historia”.

Pola súa parte, o portavoz socialista López Font, destacou no Pleno que o Museo está mellor dirixido políticamente que nunca, sendo o máis importante de Galiza e un referente en todo o Estado a pesares de non ter apoio da Xunta de Galicia. “Estamos ordenando e facendo proxectos na racionalidade”, insistiu en relación á rehabilitación dos edificios centrais.

Imagen : Rafa Estévez / Deputación


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement