Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación) Nova actividade formativa de “Tic Emprendes”

Unha vintena de persoas mozas de entre 16 e 30 anos, a maioría delas mulleres (17), participa dende este xoves, 8 de abril, nunha nova actividade formativa de “Tic Emprendes”, o programa co que a Deputación proporciona formación para o emprego á mocidade dos concellos máis rurais da provincia. Como vén sucedendo dende que se retomou o programa o pasado mes de marzo, volve apostarse polo estudo das ferramentas dixitais básicas para traballar e emprender en tempos de pandemia.

O curso, “Marketing dixital: estratexias SEO/SEM, redes sociais e análise de tráfico web”, durará ata o vindeiro 12 de maio e terá unha duración total de 125 horas lectivas: 100 de formación específica e 25 de autoemprego ou creación de empresas. Proporcionará coñecementos básicos sobre como crear una estratexia de márketing na Internet, facendo fincapé na necesidade da presencia online no eido do emprendemento para dar visibilidade e potenciar as vendas das empresas de nova creación. O curso afondará nas principais ferramentas gratuítas en liña, web e redes sociais, así como no emprego de estratexias SEO e SEM (do inglés Motor de Optimización de Busca e Motor de Busca de Márketing) para favorecer o tráfico e análise dos datos.

A actividade, de carácter gratuíto, forma parte do total de 26 accións enmarcadas nos 11 itinerarios formativos de que consta o programa “Tic Emprendes”, que na actualidade está formando a 118 persoas, das cales 74 son mulleres e 44 homes. Prevese que cando remate 2021, teña formado a un total de 390 mozas e mozos en materias como aplicacións móbiles (APPs), organización e xestión de almacéns, creación e xestión de tendas en liña, creación de contidos dixitais: imaxe, vídeo e videoxogos, ademais de márketing dixital. Nestes intres está aberto o prazo de inscrición para formarse en aplicacións móbiles, creación e xestión de tendas en liña e creación de contidos dixitais: imaxe, vídeo e videoxogos.

“Tic Emprendes” está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e conta cun orzamento global de máis de 700.000 euros. O programa ten como obxectivos fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara o emprego e loitar contra o despoboamento, propoñendo alternativas que fixen a xente moza nas zonas con maiores problemas demográficos. En concreto, céntrase nos 31 municipios da provincia de Pontevedra que contan cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes ou, no seu defecto, entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo negativo na última década. Son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

En cada itinerario ofrécese formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a busca de emprego, e asesoramento para a creación da propia empresa. Ademais, o programa ten como metas que o 15% das persoas mozas participantes comecen unha iniciativa emprendedora, que o 30% obteña un emprego e que o 80% permaneza no seu lugar de residencia.

O programa, con contidos e actividades que poden consultarse na ligazón https://www.depo.gal/tic-emprendes, mantén aberta a inscrición para participar en próximas accións formativas que se irán desenvolvendo. Esta formación é gratuíta e as persoas interesadas poden acadar información no correo ticemprendes@depo.gal ou nos teléfonos 886 217 320 e 986 804 100 (extensión 47320).

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement