Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Danza tradicional en el Casco Vello de Vigo para celebrar el Día Internacional

O exterior da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, na rúa Chao do Casco Vello, será escenario este xoves da celebración do Día Internacional da Danza, acto que se enmarca en “Aviventa cultura”, a programación que vén de presentar a institución provincial para este 2021, na que tamén se conmemoran de xeito especial datas culturais como as letras, a música, o cinema ou o centenario do falecemento de Pardo Bazán. Así, este xoves, ás 19 horas, a agrupación viguesa “O Fiadeiro” ofrecerá un espectáculo de música e danza tradicional coa participación de, aproximadamente, un grupo de vinte persoas.

O Fiadeiro, que este abril cumpre os seus 25 anos de andaina, desenvolve a súa actividade no eido da formación de nenas e nenos e persoas adultas en relación á música e cultura tradicional galega a través da súa escola. Amais, tamén traballa para recuperar o vestiario e a danza e música tradicional a través dos seus grupos de pandereteiras e pandereteiros, baile tradicional, charanga e orquestra e vestiario.

Xunto ao espectáculo da agrupación “O Fiadeiro”, a Deputación tamén ten previsto para este xoves, ás 11 horas, un espectáculo de danza contemporánea no exterior do Pazo provincial en Pontevedra a cargo de Clara Ferrao e con música ao vivo de Lkina. Ambos espectáculos serán os protagonistas dos actos de conmemoración do Día Internacional, nos que a danza máis achegada á terra, á tradición, á identidade cultural galega e a vangarda, innovación e experimentación serán protagonistas.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement