Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Crean una base aérea interfronteriza, en Verín, para actuaciones anti-incendios en la Eurorregión


O vicepresidente primeiro e o conselleiro do Medio Rural participaron na presentación da iniciativa, denominada Interlumes, que se localizará no concello ourensán de Verín

A XUNTA IMPULSA A PRIMEIRA BASE AÉREA TRANSFRONTEIRIZA CON PORTUGAL PARA A LOITA CONTRA OS INCENDIOS NO MARCO DO INTERREG

O vicepresidente primeiro recordou que “o lume non entende de fronteiras” e valorou a colaboración institucional que fixo posible esta iniciativa.

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural trasladou que a construción desta base traducirase na axilización da resposta e no aumento da eficacia na loita contra os incendios que se rexistren na fronteira hispano-lusa.

O proxecto, no que tamén participan o Goberno portugués e outras institucións de Galicia, Castela e León e Estremadura, suporá un investimento total de máis de 9 millóns de euros.

Esta nova instalación permitirá dar unha mellor resposta ao risco nunha ampla área a ambos lados da fronteira, tanto pola súa localización como polas posibilidades de acoller diferentes tipos de aeronaves especializadas.


O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu hoxe a presentación do proxecto Interlumes, que permitirá a posta en funcionamento da primeira base transfronteiriza de medios aéreos para a loita contra os lumes forestais, cun investimento total que superará os nove millóns de euros.

Esta instalación situarase en Verín e permitirá dar unha mellor e máis adecuada resposta ao risco nunha ampla área a ambos lados da fronteira entre España e Portugal, tanto pola súa localización como polas súas posibilidades de acoller diferentes tipos de aeronaves especializadas.

Este proxecto aprobouse o pasado día 25 de marzo tras a reunión do comité de xestión do Poctep (programa Interreg VA España-Portugal), cuxa coordinación en Galicia corresponde á Vicepresidencia primeira da Xunta. A iniciativa ten como beneficiario principal á Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, cuxo titular, Manuel Rodríguez, tamén participou no acto, así como o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo. Deste proxecto tamén forman parte o Goberno portugués e outras institucións galegas e de Castela e León e Estremadura, tales como os respectivos gobernos autonómicos de ambas comunidades e as deputacións de Zamora, Salamanca, Ourense e Pontevedra.

Neste acto, o vicepresidente primeiro recordou que “o lume non entende de fronteiras” e que os incendios que nos últimos anos castigaron os recursos naturais dunha área que conta con espazos protexidos obrigaban a poñer en marcha actuacións “conxuntas e enérxicas” que se materializaron no proxecto Interlumes, froito da colaboración entre distintas Administracións dos dous países.

Alfonso Rueda subliñou que o plan de defensa contra os incendios na fronteira hispano-lusa é unha proba máis do compromiso da Xunta coa Eurorrexión, como quedou demostrado recentemente na presentación dos proxectos cos que o Goberno galego concorre aos fondos Next Generation, que inclúen once iniciativas, por un importe de case 29 millóns de euros, para impulsar e mellorar as comunicacións entre Galicia e o norte de Portugal, tanto no plano das infraestruturas como nas relacións económicas e nas iniciativas turísticas, especialmente as vencelladas ao Camiño de Santiago e ao Xacobeo.
Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural salientou a magnitude da iniciativa e a colaboración institucional que a fixo posible. Nesta liña, trasladou que a construción desta base traducirase na axilización da resposta e no aumento da eficacia na loita contra os incendios que se rexistren na fronteira hispano-lusa. Ademais, redundará tamén na mitigación dun problema que “ambos territorios coñecen e combaten”, remarcou.

José González relacionou esta iniciativa directamente coa prevención, na medida en que facilitará unha anticipación aos lumes e “contar cos medios necesarios para cada lugar e cada momento”. Así mesmo, destacou que estas instalacións aumentarán a resiliencia do territorio transfronteirizo, reforzando a capacidade operativa de resposta, avanzando no estudo dun mando operativo único para a xestión conxunta, identificando con tempo dabondo os riscos da zona, sensibilizando á poboación e promovendo a formación especializada. Neste sentido, o conselleiro vinculou esta iniciativa co futuro Centro integral para a loita contra o lume, que se situará tamén na provincia ourensá, concretamente no concello de Toén, e que será terá por obxectivo centralizar nun mesmo punto a formación do persoal dedicado á loita contra os lumes forestais. Así, será un centro permanente para a cooperación, a investigación e a formación continua do que poderán beneficiarse bombeiros forestais procedentes de toda Europa e no que se contará cos maiores especialistas no comportamento e análise dos incendios.

Na mesma liña, o titular de Medio Rural incidiu no feito de que este proxecto se enmarca, en Galicia, coa visión que ten a Xunta respecto da prevención, tanto de carácter estrutural -mediante a planificación e ordenación do territorio e a recuperación da actividade agrícola e gandeira en terras abandonadas- como vencellada á protección das aldeas -co reforzo da limpeza en franxas perimetrais- e coa posta en marcha de actividade agrogandeira nelas. E mencionou, neste sentido, a aprobación -prevista para o vindeiro mes- da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia que, dixo, “dotará á nosa comunidade de ferramentas normativas para este mesmo fin”.

Por último, o conselleiro insistiu en poñer en valor a “actitude, a profesionalidade e a incrible coordinación” dos profesionais que loitan contra o lume e sinalou que este proxecto Interlumes supón unha mellora de recursos para un servizo “público, único e versátil”.

Características do proxecto


Esta base caracterizarase pola súa adecuación a aeronaves especializadas en extinción, tanto avións de carga en terra como helicópteros e, incluso, avións anfibios, polo que estará dotada con distintos tipos de depósitos de carga en terra.
A base, con categoría 2 de aeródromo, contará cunha superficie de 23 hectáreas e estará dotada dunha pista de 1.200 metros de lonxitude e 30 metros de ancho, con 15 metros a cada lado de superficie acondicionada. En cada extremo da plataforma de rodadura instalaranse balizas luminosas e haberá un hangar con capacidade para seis avionetas de carga en terra.
Así mesmo, ademais dunha construción duns 300 m² con estancias individuais para a tripulación, a base estará dotada de tanques de combustible cunha capacidade mínima de 40.000 litros. Tamén contará cunha motobomba para un caudal mínimo superior a 350 lts/min. Ademais, haberá equipos de extinción compostos por tres depósitos de auga e unha rede de hidrantes (bocas de incendio).



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement