Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Concello de Vigo nombrará como "Vigués Distinguido" al periodista Antonio Estévez

O xornalista radiofónico Antonio Estévez será "Vigués Distinguido" en 2021.

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá a proposta de nomeamento do xornalista radiofónico Antonio Estévez como Vigués Distinguido. Especializado en deportes, traballa na COPE e ten 45 anos de traxectoria profesional. Prestixioso profesional, recoñecido a nivel nacional e considerado o “mestre” entre os seus compañeiros de oficio, referiu o Concello nunha nota de Prensa. "Este galardón permitirá ao Concello facer extensivo o recoñecemento a toda a profesión xornalística. Antonio Estévez vén de atravesar unha situación persoal difícil, loitando case tres meses contra o covid na UCI", lembra o Concello vigués.

Este nomeamento, que terá que ser ratificado polo Pleno da Corporación, engádese aos nomes xa propostos polo alcalde de Vigo : Francisco Castro (director da Editorial Galaxia e escritor), os centros de ensino que cumpren 50 anos (Martín Códax, Fonte Oscura e Cristo da Vitoria); as traballadoras sociais, educadoras sociais e técnicas de inclusión social do Concello; o ex subdelegado do Goberno de Pontevedra, Antonio Coello, e os Mercados Municipais de Bouzas, Calvario, Traviesas, Cabral, Berbés e Teis. 

No acto de entrega destes galardóns -previsto para o verán debido á actual situación sanitaria – lerá o Bando da Reconquista o seu autor, Francisco Puga, presidente de Delta Vigo.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement