Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Caso de las minas de San Finx) Los Juzgados reconocen a Verdegaia el acceso a la Justicia gratuita


Os xulgados "tumban a tentativa da Xunta de impedir o acceso á xustiza gratuíta na investigación penal sobre as minas de San Finx", valora Verdegaia.

A sentenza xudicial reafirma o papel da “acción popular medioambiental” que garante ás asociacións ambientais o dereito de acceso á xustiza gratuíta.

Asociación Verdegaia vén de coñecer con satisfacción a sentenza dos Xulgados de Noia que "recoñece finalmente o seu dereito á xustiza gratuíta no seu exercicio da acción popular medioambiental nun procedemento penal por volta da polémica explotación mineira “San Finx” en Lousame".

O Xulgado tumbou unha resolución inédita da Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta da Coruña, dependente da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, que "denegaba a xustiza gratuíta a Verdegaia neste procedemento, cando a mesma Comisión, con case idénticos compoñentes, a tiña recoñecido en numerosas ocasións previas. A denegación podería ter implicado a imposición a Verdegaia de custas xudiciais de varios miles de euros".

O auto xudicial ten especial transcendencia para o movemento ecoloxista, pois "confirma fóra de toda dúbida que a Lei 27/2006 de xustiza ambiental, que transpón o Convenio de Aarhus, outorga o beneficio da xustiza gratuíta ás asociacións ambientais, sobrepóndose á interpretación literal da anterior lei de asistencia xurídica gratuíta de 1996, que non contemplaba esta posibilidade", refere Sabela Iglesias, coordenadora.

Verdegaia, "lamenta os obstáculos postos pola Xunta para o exercicio da acción popular medioambiental canto son os seus funcionarios e altos cargos os investigados. Censura especialmente que a propia letrada da Xunta alegara ante o Xulgado que se debía denegar a xustiza gratuíta a Verdegaia, coñecendo perfectamente o contido da Lei 27/2006 e a xurisprudencia do Tribunal Supremo ao respecto".

Foto : J.M. Sanchis )

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement