Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Avanza la iniciativa "O Museo en Camiño" : este sábado, Barro

Este sábado 24 de abril terá lugar en Barro o segundo taller do ‘Museo en Camiño’, un programa didáctico polo que o Museo de Pontevedra se convirte en itinerante ara facer chegar a nenos e nenas de dez poboacións da ruta portuguesa a Santiago os seus fondos e tamén o espírito do Xacobeo.

Esta iniciativa de carácter plástico e creativo co Museo como protagonista estase a desenvolver no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta. No caso do concello de Barro, desenvolverase na Biblioteca Municipal de 11 a 13 h e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e nestes momentos ten xa todas as súas prazas cubertas.

Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira’ con réplicas de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra ‘Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane. Todas elas foron escollidas polos colectivos creadores do programa, taller abierto e Paspallás, por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.

Ademais, está programada unha exposición no Museo de Pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido ao público”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement